Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actuacións que melloran a intermodalidade, tanto entre medios de transporte colectivo como con vehículos de última milla

next

Actuación 11_ Dentro do concepto dunha nova mobilidade accesible, segura e saudable, estanse a levar a cabo diversas medidas da denominada "mobilidade branda", coas que se pretende que a cidadanía, nas urbes principalmente, reduzan significativamente o uso do vehículo privado nos seus desprazamentos cotiáns, a favor da mobilidade peonil, ciclista e noutros vehículos de mobilidade persoal de enerxías alternativas, como o patinete eléctrico ou VMP, e sen esquecer o transporte público e a mobilidade compartida. Na cidade da Coruña estase levando a cabo un proceso para implantar esta mobilidade "branda", coa realización de actuacións de recuperación de espazos para favorecer a mobilidade activa e unha cidade máis amable.

O proxecto de implementación de medidas de mobilidade "branda" contribúe a conseguir os obxectivos que se formularán para a Axenda Urbana Sostible 2030 do Concello da Coruña, que actualmente está en desenvolvemento e que estará aliñada coa Axenda Urbana Española 2030, en concreto no seu obxectivo estratéxico n.º 5 relativo a "Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible, dando resposta aos seus obxectivos específicos de impulsar a cidade de proximidade e potenciar modos de transporte sostibles" e as súas liñas de actuación, entre as que figura a seguinte:

  • Desenvolver redes peonís e ciclistas, incluíndo os novos desenvolvementos urbanos, garantindo desprazamentos non motorizados seguros e nunha contorna amigable.

Neste ámbito, as propostas municipais, tanto as xa implantadas como as que se pretenden implantar, contribúen sempre á medida 6.2 Plan de Mobilidade Urbana Sostible PMUS, xa aprobado polo Concello no ano 2013, e que contempla, entre outras submedidas ou programas de actuación, a seguinte:

      2.2. Programa de promoción dos desprazamentos non motorizados

            5.-Promoción da bicicleta como medio de transporte

Actuacións

Entre estas actuacións, entre as que destacan a execución constante de carrís bici por todos os barrios da cidade e as súas conexións de tramos xa existentes, a modernización e ampliación do servizo público municipal de préstamo de bicicletas, preténdese dar un impulso máis ao uso da bicicleta privada coa adquisición e instalación na cidade de aparcabicicletas seguros, co que se pretende fomentar o cambio modal na contorna urbana cara a modos de transporte máis sostibles, priorizando a mobilidade activa a través do uso de bicicleta.

Obxectivo

O obxectivo que se pretende con esta contratación é favorecer a mobilidade ciclista, inclusiva e universal, reducir a contaminación asociada ao uso de vehículos, desenvolver unha política integral da bicicleta, facilitar os desprazamentos en bicicleta fomentando os modos non motorizados e diminuír a emisión de gases contaminantes e ruído.

Localizacións

Dentro das localizacións nas que se pretenden instalar estes equipamentos, déuselle prioridade á interconexión da rede de carrís-bici cos focos atractores/xeradores de desprazamentos na mobilidade cotiá, garantindo a accesibilidade e seguridade dos aparcabicicletas á cidadanía a través de estacións de ancoraxes resistentes e seguros contra o roubo e o vandalismo, así como a seguridade das persoas usuarias a través da localización en beirarrúas ou espazos adxacentes a estacionamentos ou en combinación con estes, que non obstaculicen nin o fluxo de ciclistas nin o de peóns/peoas. Preténdeselle dar prioridade á instalación destes elementos en puntos de intermodalidade existentes próximos a estacións e estacionamentos disuasorios, incluíndo lugares de transbordo tanto de autobuses urbanos, como interurbanos.

bicicoruña

A actuación inclúe dous proxectos:

1.- SUBMINISTRACIÓN DE BICICLETAS CON ASISTENCIA AO PEDALEO: adquisición de 92 bicicletas eléctricas con apoio ao pedaleo para complementar a renovación completa e ampliación do Sistema de Préstamo de Bicicletas, denominado BICICORUÑA, para o que se propón un sistema mixto con bicicletas con apoio ao pedaleo, comunmente coñecidas como bicicletas eléctricas, e convencionais. A finalidade da ampliación do sistema así como a introdución da bicicleta eléctrica é acceder a zonas da cidade máis afastadas que nestes momentos están desconectadas do sistema, fomentando así unha mobilidade sostible. Prevese que se realice a entrega no mes de xuño de 2023.

2.- SUBMINISTRACIÓN DE APARCABICICLETAS SEGUROS: para a subministración, transporte, montaxe e instalación en rúa dun mínimo de 74 prazas ou boxes de aparcadoiro seguro para bicicletas privadas e 10 tótem-módulo de estación con conexión eléctrica, así como o sistema de xestión para o seu funcionamento.

Os obxectivos destas contratacións son os seguintes:

  • Favorecer a mobilidade ciclista, inclusiva e universal
  • Reducir a contaminación asociada ao uso de vehículos
  • Desenvolver unha política integral da bicicleta
  • Facilitar os desprazamentos en bicicleta fomentando os modos non motorizados
  • Diminuír a emisión de gases contaminantes e ruído.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión