Actuación 1: aceleración da implantación da Zona de Baixas Emisións
Unha zona ZBE é unha área delimitada por unha Administración pública que, en exercicio das súas competencias, restrinxe progresivamente o acceso, a circulación e o estacionamento de vehículos para mellorar a calidade do aire e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Esta delimitación pode ser de utilidade, ademais, para promover zonas urbanas máis seguras e reducir as vítimas de accidentes de tráfico, así como para xerar espazos urbanos máis habitables e máis inclusivos socialmente. Xeralmente, prohíbese o acceso á zona dos vehículos máis contaminantes e a súa circulación nela.
A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña aprobou o 27.04.2022 o Proxecto de creación e implantación inicial de ZBE da Coruña que contén os proxectos, medidas e directrices necesarias para a dita implantación, no marco do mandato legal contido no art. 14 da Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética.
Unha vez aprobado este proxecto, o Concello da Coruña ten previsto iniciar a tramitación para a licitación dos sistemas necesarios para implantar a ZBE no seu municipio, así como tamén de actuacións complementarias da dita implantación, para alcanzar con ambas as intervencións a aceleración da implantación da ZBE coa finalidade de reducir elementos contaminantes provenientes dos vehículos dentro dun perímetro concreto definido na propia ZBE, mediante un mecanismo de implantación dun sistema de xestión para o control da tipoloxía de vehículos que poden acceder á zona.
Para a creación e implantación da ZBE formúlase a necesidade de contar con sistemas de control de accesos, sinalización, e sala de control, necesarios para a toma de decisións que melloren o medio ambiente da cidade mediante o coñecemento do tráfico, o estudo da calidade do aire e o ruído, e a posible xestión de infraccións asociadas.
O obxectivo da implantación dun sistema para a xestión e control das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) é reducir elementos contaminantes, dentro dun perímetro, provenientes dos vehículos, mediante un mecanismo de implantación dun sistema de xestión para o control da tipoloxía de vehículos que poden acceder ao perímetro de acordo co establecido na Lei 7/2021 do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética e os requirimentos técnicos especificados neste prego técnico.
É obxecto deste contrato a adquisición por parte do Concello da Coruña de sistemas de control de accesos e sinalización, así como do equipamento necesario para a sala de control da ZBE como actuacións necesarias para a creación e implantación da ZBE no municipio. O contrato inclúe a subministración, transporte, montaxe, instalación e posta en marcha dos sistemas adquiridos, así como unha campaña de divulgación e cursos de formación.
Os obxectivos que se perseguen con esta actuación son os seguintes:
Conforme con todo isto, inclúense nesta actuación tres proxectos para a súa execución:
1.- Contrato de SUBMINISTRACIÓN DE EQUIPAMENTO PARA A IMPLANTACIÓN DE ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS NA CORUÑA: SISTEMAS DE CONTROL DE ACCESOS E SINALIZACIÓN, E EQUIPAMENTO DA SALA DE CONTROL (expediente 851/2022/71), que se divide en dous lotes:
Lote 1: Sistemas de control de accesos
Lote 2: Equipamento da sala de control.
2.- Contrato de MONITORIZACIÓN E SENSORIZACIÓN DE ZONAS PEONÍS REGULADAS E ZONAS DE CARGA E DESCARGA PARA A IMPLANTACIÓN DA ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS NA CORUÑA (expediente 851/2022/78), que se divide en dous lotes:
Lote 1: Zonas Peonís Reguladas
Lote 2: Zonas de Carga/Descarga.
3.- Contrato de SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CONSULTORÍA DE MOBILIDADE PARA A ANÁLISE E SEGUIMENTO DA ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS, para a realización dunha serie de traballos de consultoría como parte esencial de todo o proceso de implantación da ZBE e das medidas para a súa aceleración.
Durante o mes de maio de 2022 redáctanse os pregos técnicos destes contratos, e na primeira semana do mes de xuño redáctanse os pregos de cláusulas administrativas. Estes documentos poden consultarse na plataforma de contratación do Estado, pois todos os contratos licítanse o 14/06/2022. Ata a actualidade adxudicáronse todos os lotes dos contratos e están en fase de execución cun prazo de 9 meses.
A respecto do lote 2 do contrato 1 de Equipamento da sala de control de tráfico, xa foi subministrado e instalado o equipamento obxecto do contrato, incluído o vídeo wall, do que se mostran varios documentos gráficos.
A nova sala inaugurouse o 3 de abril de 2023 pendente de que se realicen a subministración e instalación do resto do equipamento obxecto dos contratos indicados, para a implantación da ZBE.
Pódeche interesar: CIMoB
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible