Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actuacións para acougar o tráfico rodado

next

Actuación 7_Constantemente lévanse a cabo na cidade diversas actuacións de calmado ou pacificación do tráfico que favorezan a mobilidade de peóns, peoas e ciclistas; algunhas destas últimas actuacións leváronse a cabo en puntos conflitivos da cidade e próximos a servizos públicos (centros educativos, centros de saúde...) definidos mediante unha metodoloxía participativa da cidadanía: contorna CEIP de Prácticas e IES Salvador de Madariaga, rotonda das Paxariñas na principal arteria de entrada á cidade e cruzamentos das rúas Ramón y Cajal e avda. do Exército, a través da creación dun sistema de resaltes e reforzo de toda a sinalización, incluso a remodelación total do cruzamento como é o caso das últimas rúas citadas.

Xeralmente, estas obras realízanse a través da creación e execución dun sistema de resaltes (pasos peonís sobreelevados) e reforzamento de toda a sinalización horizontal e vertical.

O aumento da seguridade viaria da cidadanía constitúe un dos obxectivos fundamentais das políticas de xestión de tráfico, destaca a redución na sinistralidade e a redución na severidade dos accidentes, sendo estas dúas das funcións de seguridade máis relevantes que deben cumprir os sistemas de moderación de tráfico, facendo especial mención aos accidentes nos que se poidan ver envoltas as persoas usuarias vulnerables non motorizadas (peóns, ciclistas...).

Por esta razón, reducir a conflitividade da zona constitúe outra das funcións de seguridade asociadas aos sistemas de moderación de tráfico, que se caracterizan por exercer unha influencia sobre o comportamento da persoa condutora. Unha das funcións principais destas medidas é promover unha redución na velocidade dos vehículos que transitan por unha zona, xa sexa pola presenza de medidas físicas (resaltes) ou mediante técnicas que influíndo na percepción do/a condutor/a o/a inciten a adaptar a súa velocidade ás circunstancias de tráfico ou á contorna.

next2

Apostouse por estes sistemas de moderación do tráfico que deben cumprir unha serie de funcións que favorezan a mobilidade non motorizada e a accesibilidade da cidadanía, eliminando os posibles efectos negativos. Deben xerar unha redución do volume de tráfico rodado e favorecer a fluidez do tráfico, especialmente en zonas onde o volume de tráfico é denso, e o acceso aos vehículos de emerxencias é importante, evitando neste último caso, un incremento nos seus tempos de resposta. Sobre todo, deben fomentar o uso de medios de transporte alternativos tales como o transporte público, a bicicleta ou camiñar. É clave que as medidas de moderación de tráfico faciliten a accesibilidade tanto a escolas, como a lugares públicos, de lecer e comerciais. As zonas próximas ás escolas presentan un maior índice de risco en canto á seguridade viaria, debido a que as nenas e os nenos son os/as usuarios/as máis vulnerables.

Por último, estas medidas implican unha función social en relación á calidade de vida resultante grazas ás modificacións xeradas na contorna dunha área determinada, xa que a redución do tráfico e da contaminación, o incremento na seguridade, a mellora na accesibilidade, permite desenvolver áreas seguras para diferentes persoas usuarias, zonas verdes, áreas de aparcadoiro e de xogo etc., xerando desta maneira, unha contorna atractiva para as/os usuarias/os, incrementando a calidade de vida das persoas residentes.

Os obxectivos para cumprir, en resumo, con estas actuacións de calmado ou pacificación do tráfico poderían condensarse nas seguintes:

  • Redución das emisións nocivas e ruído derivadas dos vehículos, debido a unha diminución no tránsito;
  • Favorecer a mobilidade alternativa peonil e ciclista na zona;
  • Redución da sinistralidade con reforzo da seguridade viaria;
  • Protección de persoas usuarias especialmente vulnerables;
  • Mellorar a conciencia das persoas condutoras con respecto a outras usuarias.
next

Os proxectos que se inclúen nesta actuación son os seguintes:

  1. Pacificación do tráfico na contorna do CEIP de Prácticas e IES Salvador de Madariaga; co obxecto de crear e executar un sistema de resaltes consistente en dous lombos de asno, como medidas de pacificación do tráfico na contorna de ambos os centros escolares, á vez que se reforzaría a sinalización horizontal e vertical. As obras executáronse a finais do ano 2021.
  2. R2.- Redución da velocidade na rotonda das Paxariñas: co obxecto de crear e executar un sistema de resaltes consistente en dous pasos peonís sobre elevados co fin de mellorar tamén a accesibilidade e o desprazamento seguro das persoas con discapacidade, así como o reforzamento de toda a sinalización horizontal e vertical como medidas de redución da velocidade no ámbito da rotonda das Paxariñas, confluencia coas rúas Álvaro Cunqueiro e Antonio Machado coa rúa José Miñones Bernández. As obras iniciáronse no último trimestre do ano 2021 e concluíron no mes de febreiro de 2022.
  3. Remodelación dos cruzamentos da rúa Ramón y Cajal e a avenida do Exército: co obxectivo de mellorar o devandito cruzamento para regular o tráfico rodado e á súa vez dando continuidade e favorecendo a mobilidade alternativa peonil e ciclista na zona. Principalmente incidirase na seguridade viaria e a accesibilidade reconfigurando para iso os pasos de peóns de maneira que se mellore a seguridade viaria e a accesibilidade física. Pretendíase tamén satisfacer as seguintes necesidades da cidade: mellorar o tráfico, mellorar a mobilidade alternativa peonil e ciclista, mellorar a accesibilidade e comunicación con outras rúas, dotar a zona de materiais resistentes e duradeiros diminuíndo o mantemento e conseguindo unha maior durabilidade, ordenar os aparcamentos e mellorar en xeral as instalacións na zona. As obras iniciáronse no mes de outubro de 2022 e está prevista a súa finalización para o mes de xuño de 2023.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión