Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actuacións complementarias a unha Zona de Baixas Emisións de nova implantación

next

Actuación 2_O obxectivo das ZBE é reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de gases e partículas contaminantes dos vehículos a motor con combustible fósil, contribuíndo así aos obxectivos de desenvolvemento sostible, á mellora da calidade do aire e dos niveis de ruído, actuando sobre a mobilidade urbana e metropolitana por medio de limitacións e control de acceso de vehículos a motor en función da súa etiqueta ambiental. De forma indirecta, as ZBE producen cambios importantes na repartición modal, buscando unha maior participación dos modos máis eficientes (transporte colectivo, mobilidade compartida, vehículos de alta ocupación) e da mobilidade activa (marcha a pé, bicicleta) en detrimento do uso do vehículo privado con baixa ocupación. Outro efecto indirecto das ZBE é diminuír a ocupación do espazo público polos vehículos privados, tanto de calzadas e carrís dedicados á circulación como da superficie de estacionamento.

O Concello da Coruña, tras a aprobación pola Xunta de Goberno Local mediante acordo de data 27.04.2022 o Proxecto de creación e implantación inicial de ZBE da Coruña , ten previsto iniciar a tramitación para a licitación dos sistemas necesarios para implantar a ZBE no seu municipio, así como tamén de actuacións complementarias da dita implantación, para alcanzar con ambas as intervencións a aceleración da implantación da ZBE coa finalidade de reducir elementos contaminantes provenientes dos vehículos dentro dun perímetro concreto definido na propia ZBE, mediante un mecanismo de implantación dun sistema de xestión para o control da tipoloxía de vehículos que poden acceder á zona.

Como complemento á creación da ZBE exponse a necesidade de dispoñer de maior información achega do parque circulante no municipio co obxectivo de facilitar a toma de decisións que melloren o medio ambiente da cidade mediante o coñecemento do tráfico, o estudo da calidade do aire e o ruído, e a posible xestión de infraccións asociadas.

Para iso, levarán a cabo unha serie de actuacións complementarias que aceleren a implantación da ZBE cun proxecto conxunto de sistemas de medición para contar e clasificar tanto vehículos como peóns e bicicletas, e creación de matrices orixe/destino, e sistemas de radares que controlan a velocidade e ofrecen datos sobre a mesma, para poder realizar unha xestión da mobilidade integral e poder tomar decisións que axuden a diminuír e minimizar o impacto do tráfico na cidade, dispoñendo así de datos globais que axuden a coñecer o estado da mobilidade na cidade, integrado tamén cos niveis de calidade do aire en cada momento.

Nesta actuación, conforme ao contido dese documento, inclúense 3 proxectos para a súa licitación:

1.-CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE SISTEMAS DE PUNTOS DE MEDIDA (SENSORES-DEEP LEARNING) E SISTEMAS DE RADARES (ENFORCEMENT) PARA COMPLEMENTAR A IMPLANTACIÓN DA ZONA DE BAIXA EMISIÓNS NA CORUÑA (expediente 851/2022/47), que se divide en dous lotes:

Lote 1: Puntos de Medida

Este contrato licítase en data 14/06/2022 e adxudicáronse os dous lotes mediante acordos da Xunta de Goberno Local de datas 28/09/2022 e 25/08/2022 respectivamente; o lote 1 adxudícase por importe de 1.079.098,57 € (IVE incluído) cunha duración de 10 meses, e o lote 2 por importe de 307.335,94 € (IVE incluído), cun prazo de 8 meses.

Lote 2:Implementación de sistemas de Enforcement.

Este contrato licítase en data 14/06/2022 e adxudicáronse os dous lotes mediante acordos da Xunta de Goberno Local de datas 28/09/2022 e 25/08/2022 respectivamente; o lote 1 adxudícase por importe de 1.079.098,57 € (IVE incluído) cunha duración de 10 meses, e o lote 2 por importe de 307.335,94 € (IVE incluído), cun prazo de 8 meses.

Este sistema conxunto integral estará formado por dous proxectos:

  • Proxecto de puntos de medida: combinación de sensores de visión artificial e sensores bluetooth que permiten contar e clasificar e xerar matrices orixe/destino e tempos de percorrido;
  • Sistemas de enforcement: inclúen o soporte tecnolóxico de apoio das intervencións policiais orientadas a controlar, corrixir e denunciar as infraccións contra as medidas adoptadas que se cometen conducindo vehículos contra as normas de acceso, circulación estacionamento e emisións.

2.- CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTO COMPLEMENTARIO Á ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS DESTINADO Á MELLORA DA AVALIACIÓN AMBIENTAL DESA CONTORNA (EQUIPAMENTO PARA A MELLORA DA AVALIACIÓN AMBIENTAL) (expediente 851/2022/48) que se divide en 4 lotes:

1-Estación de medida da calidade do aire de pequeno tamaño: o presente lote consiste na subministración e instalación dunha nova estación de medida da calidade do aire mimetizada nunha edificación existente no centro histórico, incluíndo a execución das obras de acondicionamento térmico e particións interiores da localización, acometidas eléctricas, legalización das instalacións e de cantas actuacións sexan precisas para a súa posta en marcha, chave en man. Inclúe igualmente a subministración de equipos de medida complementarios para a rede de vixilancia para compostos orgánicos volátiles e Black Carbon, contaminantes que, ademais de altamente canceríxenos, no caso do segundo, está asociado directamente co cambio climático no informe IPCC e cada vez máis presente nas redes de vixilancia das cidades máis á vangarda. Inclúese a subministración de software de xestión.

2-Estacións medida contaminación acústica: este lote consiste na subministración, instalación e posta en marcha de 8 estacións de medida da contaminación acústica que contarán cada unha con cable extensor e micrófono de intemperie. Disporán igualmente dun sistema para a adquisición e almacenamento dos datos medidos con funcións de comunicación dos datos aos sistemas de almacenamento e xestión corporativos para a súa xestión de forma automática, manual ou remota. Inclúese a subministración de software de xestión.

3-Equipo de medida en continuo de gases escape: este lote consiste na subministración dun equipo semifixo para a medición en continuo, individualizada e a grande escala das emisións reais do transporte. Inclúese a subministración de software de xestión.

4-pantallas información ambiental: neste lote inclúese a subministración e instalación de pantallas LED de gran formato rectangulares (vertical ou horizontal), para a presentación de información sobre calidade ambiental e todo tipo de avisos e alertas ambientais á cidadanía procedentes das ferramentas de avaliación ambiental e dirixidas á Zona de Baixas Emisións da Coruña, ZBECoR, así como para a emisión de todo tipo de contidos como vídeos, imaxes, retransmisión en directo, RSS, html, json, e outras fontes externas, programables mediante software remoto e desde o propio sistema de información.

Os 4 lotes licítanse en data 14/06/2022 e adxudícanse os dous primeiros lotes mediante acordos da Xunta de Goberno Local de data 14/09/2022. O lote 1 adxudícase por importe de 254.287,55 € (IVE incluído) e o lote 2 por importe de 59.347,91 € (IVE incluído), ambos cunha duración de 10 meses. O lote 3 adxudícase en data 30.12.2022 por importe de 181.500,00 € (IVE incluído) e cun prazo tamén de 10 meses. O lote 4 está a ser obxecto de revisión o prego de prescricións técnicas para reducir o número de unidades ao quedar desertas as dúas licitacións realizadas en datas 14/06/2022 e 20/10/2022.

En xeral, con este contrato preténdese incrementar a densidade de puntos de medida para cubrir as diferentes subzonas que se poidan definir, probar novas técnicas de medición individualizada dos vehículos máis contaminantes, instalar na rede equipos de medida de parámetros asociados ao cambio climático e á saúde, como o Black Carbon, e achegar dita información aos cidadáns que viven ou acceden ás ZBE, obtendo con iso una mellorar substancial das técnicas de avaliación existentes na actualidade especialmente para o foco preferente, competencia municipal, o tráfico.

3.- CONTRATO DE SERVIZOS DE ACTUACIÓNS COMPLEMENTARIAS Á ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS DESTINADO Á MELLORA DA AVALIACIÓN AMBIENTAL DESA CONTORNA: ANÁLISE DE SITUACIÓN DE PARTIDA E MODELOS DE DISPERSIÓN DA CONTAMINACIÓN E DE ACTUALIZACIÓN DINÁMICA DE RUÍDO (expediente 851/2022/52), composto por 2 lotes:

  • Lote 1: Modelo de calidade aire: este lote consiste nun servizo de análise de situación de partida, escenarios previstos e implementación de modelo en tempo real e preditivo da dispersión da contaminación atmosférica de moi alta resolución asociado a un modelo preditivo de tráfico en tempo real para a xestión da ZBECoR.o presente lote inclúe os seguintes traballos e produtos a entregar:

    a.Modelo de dispersión e de predición da contaminación atmosférica

    b.Modelo de predición do tráfico

    c.Estudo de situación de partida e análise de diferentes escenarios para a ZBECoR.

    d.Proposta de Integración de todas as ferramentas no xestor municipal de datos ambientais Airadvanced e na web municipal.

  • Lote 2: modelo de ruído: preténdese a implementación dun modelo de cálculo de mapas de ruído actualizados dinámicamente, tanto da situación actual como a predita polos modelos de tráfico, permitindo así coñecer a situación cambiante de estecontaminante ao longo do ano máis útil para poder definir rutinas para a xestión do ruído no día a día. O modelo dinámico de ruído permitirá a estimación dos niveis de contaminación acústica en todo o territorio municipal a partir dos datos obtidos pola rede de vixilancia da contaminación acústica, así como dos datos correspondentes ás rúas e estradas, tanto capacitadores automáticos como os datos do modelo de tráfico e demais información necesaria segundo os métodos de cálculo correspondentes (velocidades, pendentes, % pesados, nº de carrís, IMD, tipo de pavimento, estados etc.), utilizando para iso metodoloxías de cálculo recoñecidas.
eli

O contrato licítase en data 19/05/2022; adxudícase por acordo da Xunta de Goberno local de data 27/09/2022 ambos os lotes:

  • o lote 1 adxudícase en 144.356,93 € (IVE incluído)
  • o lote 2 en 38.151,75 € (IVE incluído), ambos por 10 meses.

Con este contrato preténdese incrementar a densidade de puntos de medida para cubrir as diferentes subzonas que se poidan definir, implementar modelos de calidade do aire e ruído de alta resolución, para cubrir con información ambiental os ocos do territorio onde non se dispoña de equipos de medida, e probar novas técnicas de medición individualizada dos vehículos máis contaminantes, instalar na rede equipos de medida de parámetros asociados ao cambio climático e á saúde, como o Black Carbon, e achegar dita información aos cidadáns que viven ou acceden ás ZBE.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión