De Xavier Albertí Pedro Casablanc: Premio Mellor ACtor Protagonista nos Premios Talía 2024
Para público en general
Desde el 27/09/2024 hasta el 28/09/2024
20:30 h
*Unha vez comezado o espectáculo NON se poderá acceder á Sala
Prégase puntualidade
65 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, carné xove, e desempregados; do 25% para familias numerosas)
*Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
Esta é a historia dun momento onde escribir e vivir podían aínda conxugarse sinónimamente. Hai escritores que deciden selo para ensinarnos un virtuosismo, para ensinarnos unha forma de tecer con sílabas, palabras, acústicas ou formas de mirar, e hai outros que primeiro necesitan vivir un berro interior e despois de vivilo saben tecer con palabras esa vivencia. Esta é a historia dun Madrid que xa non existe, un Madrid que naceu no cambio de século despois da perda dunha guerra, dunhas colonias, da perda dunha esperanza, dunha forma de entenderse no mundo. Un Madrid que se empeza a construír co desastre de Cuba, Filipinas e Porto Rico e que se desvanecerá con outra guerra, a do 36. Esta tamén é a historia da bohemia, das vangardas, da pintura, da música e de como os medios de comunicación de masas chegan á nosa cultura para non irse xamais. É a historia dunha mirada, a de Don Ramón Gómez da Serna. A mirada atopa unhas palabras e esas palabras buscan un eco na vida e a obra de Don Ramón María del Valle Inclán. É un diálogo, un diálogo entre ecos, un diálogo fantasmagórico, un diálogo desde as ausencias. É unha reflexión sobre a validez da literatura para entender a vida. É a literatura como columna vertebral dunha vida. É un espectáculo que nos ten que facer intuír, entender, sintonizar, vibrar, sentir os ecos dunha época impresionante, dunha época onde a arte e a vida dábanse a man. Quizá esa época volva estar viva entre nós.
Con Pedro Casablanc
Piano: Mario Molina
Dirección: Xavier Albertí
Produción do Teatro Español e Bravo Teatro
*Venda de entradas soltas a partire do 6 de setembro
Despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función desde as 16 h
23 de julio de 2024
Un vídeo divulgativo muestra cómo se realiza la captura en el mar y su traslado al acuario coruñés.
16 de julio de 2024
«Fotografías de la Naturaleza 2024» contiene las imágenes premiadas en la última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de julio de 2024
Una selección de nueve imágenes de las excepcionales auroras que se pudieron ver desde Galicia en mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible