«El enigma Agustina» é un novo espectáculo de divulgación científica, denominado triformato, que combina radio en directo, cinema e teatro.
Para público en xeral
15/11/2019
Xa rematou
Ás 20:00 horas
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre ata completarse a capacidade.
Museos Científicos Coruñeses
Os Museos Científicos traen á Coruña a representación teatral «El enigma Agustina». A obra conta a historia de Agustina Ruiz Dupont, nacida en Almuñécar a finais do século XIX e criada en París, onde se licenciou en Física e se converteu nun personaxe de primeiro nivel desde o punto de vista científico. Agustina, nun momento da súa vida, abandona todo e dedícase a percorrer os pobos de España para explicar a ciencia dunha maneira innovadora, a través de cancións populares coa letra adaptada a un contido científico.
O triformato «El enigma Agustina» foi premiado co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular.
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible