É a celebración dun matrimonio civil no Concello da Coruña.
Requisitos:
Documentación:
Unha vez que se coñeza o nome das testemuñas, maiores de idade, que han de intervir no acto (non hai padriños), facilitaránselle ao persoal funcionario os nomes e o DNI.
Unha vez finalizada a cerimonia, declarada a unión matrimonial por parte do Sr. Alcalde-presidente ou concelleiro/a delegado/a, contraentes e testemuñas asinarán a acta de matrimonio e entregaráselles un orixinal que deberán levar ao Rexistro Civil, no prazo máis breve posible, para a súa inscrición e expedición do Libro de Familia.
Lugar de realización, días e horarios:
Os enlaces terán lugar no Salón de Sesións, coa condición de que estea dispoñible todos os venres pola tarde e sábados pola mañá excepto cando sexan festivos.
Horario venres:
Horario sábado:
Normas:
Os enlaces realizaranse ante o Ilmo. Sr. Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
Autorízase un máximo de 2 coches para poder circular polos soportais do Palacio Municipal ata a porta de acceso principal, ocupados exclusivamente polos contraentes. Non poderán estacionar na entrada durante a cerimonia.
Non se poderán lanzar dentro do Palacio Municipal arroz, pétalos ou outra materia, reservando as ditas accións, se así o desexan, para o momento da saída nos soportais.
As persoas contraentes e acompañantes subirán pola escaleira de honra á planta nobre, facilitaráselles información sobre as normas para seguir durante a celebración e a utilización de cámaras de vídeo ou fotográficas.
Normativa:
Decreto do 14 de novembro de 1958 polo que se aproba o Regulamento da Lei do rexistro civil, publicado no BOE núm. 296 do 11 de decembro de 1958.
Lei 20/2011, do 21 de xullo, do rexistro civil, publicada no BOE núm. 175 do 22 de xullo de 2011 (en vigor desde o 23 de xullo de 2014).
Instrución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre lugar de realización de matrimonios civís polos alcaldes, publicada no BOE núm. 39 do 14 de febreiro de 2013.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible