Concello da Coruña

Concello da Coruña

Monólogos no Aquarium

Unha actividade para o público que visita o Aquarium todos os días ás 13 e ás 18.30 horas.

A quen vai dirixido?:

Público xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/07/2024 ata o 31/08/2024

Horario:

Todos os días ás 13.00 e ás 18.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.

O Aquarium Finisterrae ofrece a diario unha actividade para as persoas que o visitan. Trátase de charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar...) ofrecidas polo persoal de atención ao público.

Esta actividade nace do interese mostrado polo público do Aquarium por preguntar e profundar nunha gran diversidade de cuestións.

Os monólogos anúncianse por megafonía minutos antes do comezo de cada monólogo para que as persoas que estean a visitar o Aquarium poidan asistir se o desexan.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión