Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de debuxo de quenllas

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que deberán ir acompañados, terá lugar os días 25 e 26 de maio

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta, que entrará gratis.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 25/05/2024 ás 12:00 , 26/05/2024 ás 12:00

Xa rematou

Inscricións:

A adquisición de entradas poderase facer a partir do mércores 22 de maio nesta ligazón.

Horario:

Dúas sesións, o sábado 25 e o domingo 26 de maio, en horario das 12.00 ás 13.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

15 prazas en cada sesión

Prezo:

Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lle corresponda a cada persoa participante.

O Aquarium Finisterrae organiza un obradoiro para aprender a debuxar quenllas con motivo do aniversario da entrada da quenlla touro Gastón ao tanque da Sala Nautilus, o 24 de maio de 2006. Esta actividade, enmarcada nos actos de celebración do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, realizarase o sábado 25 e o domingo 26 de maio, en horario das 12.00 ás 13.30 horas.

Para participar hai que adquirir a entrada previamente, aboando a tarifa que lle corresponda a cada menor, que deberá ir acompañado dunha persoa adulta (esta terá acceso gratuíto). Ofrécense un total de 15 prazas cada día e está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

O taller será impartido por Blanca Orro Toral, artista coruñesa autora da pintura dunha quenlla branca de 2 x 1,5 metros que está instalada no acceso á Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae.

Gastón, a quenlla touro do Aquarium Finisterrae

O 24 de maio de 2006 o tanque da Sala Nautilus incorporou unha nova especie, un exemplar de quenlla touro que chegara tres meses antes procedente do acuario de Brest, na Bretaña francesa. No Aquarium Finisterrae púxoselle o nome de Gastón, que medía entón 3 metros de lonxitude e pesaba 120 quilos.

Gastón naceu en 1996 nas frías augas da costa surafricana e cando foi capturado tiña 3 anos de idade, medía 180 cm de lonxitude e pesaba 50 kg. Así chegou ao Oceanópolis, o acuario de 
Brest, onde viviu varios anos en compaña doutros exemplares da súa mesma especie, ata que a convivencia se volveu moi difícil, xa que se pelexaban frecuentemente, chegando mesmo a causarse feridas e cortes na pel. Foi entón cando as súas persoas coidadoras decidiron que había que trasladalo, e chegou entón á Coruña.

Tras chegar ao Aquarium Finisterrae permaneceu en corentena durante varias semanas, adaptándose á temperatura das augas atlánticas, pois viña dun tanque tropical, e manténdoo nun ambiente de tranquilidade sen ruídos nin presenza de moita xente ao redor. Tras un tempo, Gastón comezou a comer con normalidade e chegou a engordar 20 kg, sinal de que o proceso de adaptación transcorrera con éxito, polo que se puido incorporar ao tanque da Sala Nautilus, onde vive desde entón en compañía doutras especies de quenllas, como musolas, cazóns, patarroxas e rañortes.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión