Concerto /Conferencia
Para público en xeral
18/05/2019
Xa rematou
20:30 h
Entrada libre
(ata completar aforo)
Toshio Hosokawa (1955), Luigi Nono (1924-1990) e Enrique X. Macías (1958-1995) conforman a terna que protagoniza o recital de David Durán Arufe (piano), solista de Vertixe Sonora.
De Hosokawa presenta Nacht Klänge, única peza acústica do programa que evoca os "sons da noite" cun singular imaxinario sonoro que aúna innovación e forte raizame nas tradicións xaponesas.
Acompáñalle no programa .....sofferte onde serene... para piano e banda magnética, onde Luigi Nono expresa a experiencia da dor e que constitúe unha referencia absoluta do pianismo con medios electrónicos do século XX. O son acústico e os pregravados (con)fúndense en resposta ás campás que resoan sobre unha lagoa na súa Venecia natal.
O entramado sonoro da un paso máis con Cadencias e Interludios / Percurso I, unha composición do malogrado compositor vigués Enrique X. Macías, para piano, banda magnética e dispositivo electroacústico que propón refinadas relacións entre o son orixinal do instrumento, os gravados e os resultantes da manipulación da electrónica en vivo.
Coa participación do cociñeiro Alhambra Xoán Crujeiras que realizará unha creación gastronómica en homenaxe do compositor vigués Enrique X. Macías.
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible