Organizada en colaboración co grupo UDCiencia d+i, terá lugar o sábado 3 de febreiro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.
Para público en xeral
03/02/2024
Xa rematou
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.
UDCiencia d+i en colaboración co Aquarium Finisterrae
A Feira de Ciencia Isabel Zendal despregará nas salas do Aquarium Finisterrae once obradoiros divulgativos sobre ciencia atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, ofrecendo unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades. Con motivo do 25 aniversario do Aquarium, a feira dedicará estes talleres a algúns dos grupos animais máis característicos do centro como quenllas, peces pallaso, focas, ademais de abordar outros temas como o aproveitamento da enerxía solar, as algas, as aves mariñas ou as matemáticas no acuario.
As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas como os protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Os alumnos e alumnas serán os nenos da vacina e o profesorado representará aos médicos Balmis e Salvany, o mariño Pedro do Barco, así como á enfermeira Isabel Zendal.
A actividade está dirixida a todo o público que visite o Aquarium Finisterrae, e non ten custo adicional, está incluída no prezo da entrada que cada persoa deba aboar.
A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible