Bergman convoca nesta obra todos os seus poderes cinematográficos cunha utilización das cores febril e asfixiante que converte a película nunha hipnose colectiva elevada á estratosfera grazas ás súas actrices.
Para público en xeral
24/07/2024
Mércores ás 22.30 h
91 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.
• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Con Harriet Anderson e Liv Ullmann
Suecia 1972
Duración: 91 min
NRM 12 anos
Proxección en VOSE
Tres irmás reúnense na mansión familiar para coidar a unha delas, enferma de gravidade. A convivencia resucitará antigas pantasmas e aos poucos unha atmosfera de morte apoderarase da casa e das súas persoas habitantes.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible