19 de abril de 2010
Encontro deportivo celebrado o 15 de xuño de 2008 no Campo da Torre da Coruña
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña e a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC) organizaron o primeiro encontro entre a selección galega e a da Coruña de fútbol feminino o 15 de xuño de 2008 no Campo da Torre.
O encontro celebrouse dentro do III Torneo Internacional de Fútbol Base AFAC, no que por vez primeira a asociación de fútbol afeccionado integrou no campionato un partido con equipas femininas.
O evento foi presentado formalmente ante os medios de comunicación no Pazo María Pita pola concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, a adestradora da selección galega de fútbol feminino, Pilar Neira, o adestrador da selección da Coruña, Antonio Castro, o vicepresidente de AFAC, Xoán Carlos Vázquez e a xornalista e ex capitana do Karbo,Lis Franco.
A responsábel de Igualdade no Concello felicitou en primeiro lugar a iniciativa de AFAC de promover un encontro de fútbol con equipas femininas. A concelleira explicou que desde o primeiro momento Igualdade aceptou colaborar na organización do evento por entender como feito moi positivo promover a participación da muller nunha disciplina deportiva con representación maioritaria masculina.
Margarida Vázquez indicou tamén que o encontro, o primeiro que se celebra entre a selección galega e a da Coruña, ten por obxectivo recuperar a práctica deportiva do fútbol feminino na cidade, que lembrou, chegou a ser campiona estatal no ano 1981 a través do Karbo, club do que era capitana entón a xornalista Lis Franco.
XOGADORAS CONVOCADAS:
Selección da Coruña
Rita Lema, María Celia Gándara, Cristina Lago, Laura Otero, Guadalupe Pariente e Saleta López (Galicia Gaiteira C.F.)
Silvia Amenedo, Chus, Aldara Vidal, Sara Vázquez, Ana Lago e Marta Regueira (Orzán S.D.)
Gorane Casal e Ana (C.D. Boiro)
María Roibás, Cristina Sánchez, María Ofelia e Silvia Mosquera (S.D. Ciudad de Santiago)
Paula Pérez, Montserrat Torras, Carmen Casais e Natalia Seco (Xuventú Aguiño C.F.)
Selección Galega Femenina Absoluta
Carolina Baños ameneiro e Marta García (Atlético Ourensana)
Mónica Naval Cortes, Sara e Peque (Peluquería Mixta Ferrol)
Sara González rodríguez, Maite Soage, Andrea, Leticia e Vanesa (Pontevedra F.C.)
Beatriz e Ana Buceta (Bertola F.F.)
Anair (Atlético Muralla)
Uxía Parcero e Barca Toba (A.F. Val do Ulla)
Anair Lomba Álvarez (Unión Guardesa)
Mirian (Orzán S.D.)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible