Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso Participativo O noso patio

O noso patio logo

Participación, infancia e comunidade no CEIP Sanjurjo de Carricarte

O noso patio é un proceso participativo posto en marcha co obxectivo de repensar colectivamente os dous patios do recinto e os accesos do CEIP Sanjurjo de Carricarte.

Este proxecto naceu impulsado por un grupo de docentes e familias, e en outubro de 2016, a Concellaría de Participación e Innovación Democrática, xunto con Xustiza Social e Coidados e Rexeneración Urbana, articularon un traballo de apoio ao proxecto, cun equipo de mediación especializado.

Nesta data comezou a desenvolverse a fase central do proceso, incorporando as voces que aínda non foron recollidas (alumnado, persoal non docente, resto do profesorado e familias).

Hai que subliñar a implicación activa do alumnado de 5º E.P. e 6º E.P. do CEIP nas tarefas de mediación e comunicación, contribuíndo a ter a toda a comunidade informada e activada.

O proceso implica a toda a comunidade. Tras as reunións con todos os círculos implicados, dende as familias, o persoal non docente e o profesorado até os propios nenos e nenas, desenvólvense diversas actividades até chegar a unha maqueta na que se plasman os desexos e necesidades da comunidade educativa para estes espazos.

Neste informe recóllese todo o proceso do proceso participativo O Noso Patio así como o seu resultado.

>> INFORME PROCESO PARTICIPATIVO O NOSO PATIO (acceso a información)

Neste informe recóllese a información técnica relativa á maqueta presentada pola comunidade escolar.

>> INFORME TÉCNICO MAQUETA O NOSO PATIO (acceso á información)

  • IMAXES DE MOCIDADE SF

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión