Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PROCESO PARTICIPATIVO

O proceso participativo das Naves de Metrosidero, que pon en marcha a concellería de Participación e Innovación Democrática, inicia no mes de abril unha serie de encontros mensuais enmarcados no proceso de deseño colectivo dos usos e modelo de xestión das Naves do Metrosidero.

En total, serán oito encontros abertos á cidadanía, que terán lugar até o mes de decembro. Un equipo formado por persoal municipal de distintas áreas do Concello da Coruña acompañarán tecnicamente o proceso, co obxectivo de garantir a viabilidade das ideas e propostas que poidan xurdir ao longo do mesmo.

banner

Despois da xuntanza celebrada o pasado 13 de marzo de 2018 no Centro Cívico da Cidade Vella, na que o goberno local expuxo a proposta, no primeiro encontro abordaranse cuestións vinculadas ao coñecemento da proposta inicial de usos do goberno local, presentada o pasado mes de decembro, así como dos espazos dispoñibles e o proxecto de obra prevista para cada unha das tres naves que se rehabilitarán, así como da zona exterior das mesmas. O obxectivo deste primeiro encontro é a realización dun diagnóstico de necesidades para acadar novas propostas de usos principais de cada unha das tres naves.

COMO AVANZA O PROCESO

Os encontros son abertos a todas aquelas persoas que queiran formar parte do proceso de definición das Naves do Metrosidero.

A base de redacción do Proxecto ampliado de usos e mecánicas de xestión para o espazo das Naves do Metrosidero é un proceso de participación composto por 8 encontros abertos para toda a cidadanía (especialmente á mocidade) e na que se inclúe unha representación comprometida de funcionarias e funcionarios municipais.

Na sesión de inicio do proceso participativo, realizouse unha detallada presentación técnica sobre a rehabilitación das tres naves existentes, así como dos seus arredores inmediatos, xa entendidos como o Parque do Metrosidero. Dependendo das necesidades derivadas do proceso participativo, adaptaranse as capacidades espaciais e os recursos dos equipamentos técnicos previstos para cada unha delas.

As posibilidades de innovación no modelo de xestión é unha das principais razóns polas que este proceso participativo é unha gran oportunidade e, de feito, os próximos Encontros centraranse na promoción e proposta de estruturas de coxestión entre a administración e os cidadáns que impulsen novas formas de comprender e utilizar os equipamentos e espazos públicos.

A organización dos encontros

Os Encontros participativos, que se realizan entre os meses de abril e decembro de 2018, organízanse en tres fases:

  • A fase inicial (abril de 2018): o quilómetro cero do proceso participativo, serviu para facer a presentación inicial e contextualizar a tódalas persoas participantes, explicando claramente como se desenvolverán os distintos Encontros e de que xeito as contribucións da cidadanía veranse reflectidas no documento final.
  • A fase 1 (de maio a xullo de 2018): o diagnóstico compartido serve para identificar colectivamente as necesidades da mocidade, avaliar os recursos dispoñibles para abordalas e identificar cales teñen un lugar nas Naves do Metrosidero.
  • A fase 2 (de setembro a decembro de 2018): realízase a coprodución de propostas, baseadas no traballo da fase anterior. Nesta fase desenvólvense as propostas que teñen que ver cos usos dos equipamentos e coa forma de xestionalos.

O primeiro Encontro celebrouse o 14 de abril de 2018 e xa se alcanzou o ecuador do proceso participativo (Fase 0 e Fase 1), quedando pendentes catro Encontros (Fase 2) ata finais deste ano. O documento final, Proxecto ampliado de usos e mecánicas de xestión, será presentado publicamente a principios de 2019.

O discurso colectivo que se consolidou durante o proceso, albisca o equipamento xuvenil das Naves do Metrosidero principalmente como un punto de encontro. Abre a perspectiva de que as naves sexan máis lugares que facilitan e promoven a capacitación da mocidade para facer realidade os seus propios proxectos e intereses, e non tanto como espazos cunha programación pechada e espírito "tallerista".

O equipamento é unha oportunidade en si mesmo, pero tamén en relación ao seu entorno inmediato (o que se chama Parque do Metrosidero) e ao seu contexto urbano (punto de confluencia de varios barrios). Está concibido como un espazo aberto e recoñece a necesidade de incorporar os perfís da mocidade o máis diversa posible, tanto no equipamento futuro como no proceso de concepción.

A finais de setembro, concretamente o día 22, comeza a fase 2 do proceso participativo, a coprodución de propostas, que incluirá todo o material xerado ata o momento na fase 1: diagramas, cartografías, maquetas ... Os Encontros retomaranse cunha actividade para debater a vinculación das necesidades e intereses da mocidade a cada un dos espazos, interiores e exteriores, das Naves do Metrosidero. Con isto poderase prefigurar o modelo de equipamento e, polo tanto, comezar a imaxinar as mecánicas de xestión que mellor o fagan funcionar.

Próximos Encontros

  • 22 de setembro: Espazos e usos
  • 6 de outubro - Xestión e organización
  • 10 de novembro - Funcionamento: encaixe de espazos, usos e xestión
  • 15 de decembro - Presentación de borrador e garantías de execución

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión