Que son os orzamentos participativos?
Os orzamentos participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello. Por quinto ano, imos decidir entre todas e todos mediante propostas de investimento como mellorar a nosa cidade no seu conxunto e os seus barrios. A cidadanía propón proxectos de investimento que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.
Achega de propostas
Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer ideas de investimentos para a cidade e para os distritos entre o 18 xuño ao 1 xullo.
A achega de propostas realízase directamente na plataforma web nacorunacontas.coruna.gal. Se xa te rexistraches nos anos anteriores non tes que volver facelo. Se é a primeira vez, deberás empregar un correo electrónico.
A participación tamén pode ser presencial nas oficinas dos rexistro municipais ubicados en María Pita, no Fórum e no Ágora.
Se precisas información ou axuda para participar coas túas achegas nos Orzamentos Participativos, podes acudir aos puntos de apoio habilatados: as bibliotecas municipais, os centros cívicos, rede de Espazos de Información Xuvenil e Federación de Asociacións Veciñais. Facilitaranche información e os medios necesarios para presentar as propostas.
Ademais, no teléfono de atención cidadá 010 podes resolver problemas e dúbidas relativas ao rexistro na plataforma.
Apoios e valoración técnica
Nesta fase poderás priorizar propostas para a cidade e para un máximo de tres distritos entre todas as presentadas. Procura non dispersar os apoios en propostas similares, porque as que reciban máis apoios poderán chegar á seguinte fase.
Despois, os diferentes servizos do Concello implicados estudarán que cada unha das propostas cumpra os requisitos necesarios para pasar á votación final: que sexan propostas de investimento, viables e legais. Tamén orzamentarán o custo de levalas a cabo.
Votación final
Na fase de votación final, podes decidir como mellorar a túa cidade e o teu barrio votando propostas de investimento. Podes votar unha ou varias propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas nun máximo de 3 distritos da túa elección.
As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2024.
Inicio
Tipo | Nome | Data | Tamaño |
---|---|---|---|
2017 Orzamentos Participativos | |||
2019 Orzamentos Participativos | |||
Directrices OOPP - anexo I y II.pdf | 19/12/2022 | 998.71 Kb |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible