Concello da Coruña

Concello da Coruña

Participadoiro Xuventude

foto participadoiro

Son os procesos participativos de "A Porta Aberta", específicos para a mocidade nos que establecer as bases para a relación, as vías de comunicación e a recollida das súas demandas e necesidades.

Os procesos específicos coa mocidade  responden á idea transformadora de que as políticas de xuventude non poden seguir dependendo unicamente das decisións do persoal técnico ou político. A mocidade debe ver incrementado o seu protagonismo e nivel de compromiso en relación a aqueles aspectos que lle afectan, o que precisa da apertura de novas canles de comunicación e da posta en marcha de ferramentas específicas para a súa participación, incrementando así a súa capacidade de decisión.

A través destes procesos de participación intentouse dar resposta a cuestións específicas a través de diferentes dinámicas grupais nas que se formularon as seguintes preguntas

1. É consciente a mocidade da riqueza que supón a súa propia diversidade?
2. Cales son os espazos de referencia para a mocidade do concello? Cal é a súa experiencia no acceso aos espazos municipais de participación?
3. Que axentes son referentes para a mocidade no ámbito da participación xuvenil? A quen se dirixen cando precisan de recursos, apoio ou asesoramento para desenvolver algunha actividade?
4. Que relacións manteñen estes grupos entre si? E coa administración local? Existe confianza ou desconfianza? Hai axentes que fagan un papel de mediadores?
5. Que demandas e necesidades específicas ten a mocidade referidas á cidade no seu conxunto?

 

Ademais, dentro das cuestións para tratar no encontro, falouse sobre o uso dos espazos tomando como modelo de traballo o  EIX, o Espazo de Iniciativas Xuvenís, cunha configuración aberta e polivalente, deseñado e totalmente equipado para poñer a disposición da mocidade todos os recursos precisos para o desenvolvemento de propostas, proxectos e iniciativas pensados por e para elas e eles. Un espazo infrautilizado na actualidade no que unicamente se están a desenvolver de forma puntual algúns dos obradoiros do programa de lecer e tempo libre Nocturnia , así como outras actividades organizadas por parte de organismos públicos e entidades do tecido asociativo da cidade que desenvolven a súa actividade no ámbito xuvenil.


6. Que usos se lle poderían dar ao EIX co obxectivo de fomentar a participación xuvenil? A maiores de dar resposta a estas cuestións específicas, o encontro procuraba de forma implícita:
• Retomar e fortalecer os contactos establecidos pola Área de Xuventude do Concello coas entidades que traballan no ámbito da mocidade.
• Fomentar o encontro, o coñecemento mutuo e o intercambio de saberes entre a poboación xuvenil.
• Outorgar á mocidade o protagonismo, confianza e autonomía que merece no referido ao desenvolvemento e xestión das súas propias ideas e inquedanzas.
• Visibilizar o EIX como un espazo para a participación, a colaboración e a innovación para a mocidade, no que poidan desenvolver as súas propias propostas.
• Difundir a capacidade innovadora da mocidade do concello.

 

Para ver a memoria completa dos procesos de participación coa mocidade pódese descargar o informe final no enlace que segue.

>> Informe final Participadoiro _ maio 2016

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión