Tras realizar as obras de acondicionamento necesarias, o Concello da Coruña pon a disposición do uso da cidadanía o cuarto espazo TEU, no Barrio das Flores.
Trátase dun local de titularidade municipal localizado na rúa Azahar, nos baixos do Bloque 48, que estará xestionado polo Servizo de Participación Cidadá e Innovación da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Como o resto dos espazos TEU da cidade, trátase dunha infraestrutura que se ofrece á cidadanía para usar de forma privativa, estando dispoñible para utilizar todos os días, incluindo as fins de semana e as datas festivas, para celebracións familiares, charlas, obradoiros, reunións e actividades similares.
Baixo o paraugas común dos TEUs, ábrese un novo local coa vocación común de ser e funcionar como espazos vivos e dinámicos para o uso e disfrute de toda a cidadanía: asociacións, colectivos e veciñas e veciños a título particular.
1) Opcións e modalidades de uso
O novo TEU Azahar do barrio das Flores é un espazo aberto á toda a cidadanía. En todos os casos a autorización de uso será GRATUITA.
Para facilitar o seu uso privativo adoptarase, do mesmo xeito que o resto dos TEUs a forma de AUTORIZACIÓN DE USO PUNTUAL, que consiste en destinar un local municipal para atender as demandas de persoas físicas e de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro e colectivos informais que desexen o uso puntual dun espazo para actividades como unha celebración, reunión familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra con proxección social ou cultural beneficiosa para a veciñanza da cidade.
En xeral, poden facer uso deste local:
As persoas físicas solicitantes deberán ser maiores de idade e figurar empadroadas no Concello da Coruña. Igualmente, as asociacións deberán ter a súa sede no termo municipal.
2) Capacidade e equipamento do TEU Azahar
O TEU Azahar é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, cun tamaño aproximado de 50 m2 e un aforo máximo, neste momento, de 20 persoas, que conta co equipamento seguinte:
3) Como facer a solicitude
Podes solicitar o uso do TEU Azahar no horario de 09.00 a 21.00 horas, un ou dous días consecutivos como máximo. A autorización de uso é gratuíta.
Só tes que solicitalo por rexistro, como mínimo 15 días naturais antes da data desexada e como máximo, dentro do mes en curso e os dous meses posteriores completos. O prazo de solicitude está aberto todo o ano.
As autorizacións outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro.
Podes descargar o modelo de solicitude e presentala nun rexistro presencial (Ágora, Forum e María Pita) ou facelo a través da sede electrónica con certificado dixital en https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=822
Calquera persoa maior de idade empadroada na Coruña pode solicitalo para unha actividade privada ou en representación dunha asociación ou entidade con sede social na cidade.
Como norma xeral, todos os espazos TEU non estarán dispoñibles os días 24, 25 e 31 de decembro, nin os días 1 e 6 de xaneiro.
Para saber se a data que queres está dispoñible, consulta o calendario de ocupación.
Teño que avisar se ao final non o podo usar?
Si. Se tes algún dos espazos TEU reservado para un día e ao final non podes facer uso del, débesllo notificar ao Servizo de Participación cidadá e Innovación, a través do correo participacion@coruna.gal, cunha antelación mínima de 48 h.
4) Condicións específicas para o uso do TEU Azahar
5) Condicións xerais
Resolución da autorización
As autorizacións de uso puntual outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro. A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación asinará unha resolución de autorización de uso puntual a nome da persoa que corresponda, especificando a actividade que se poderá desenvolver, segundo a solicitude presentada.
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación informará previamente a persoa solicitante sobre a concesión da autorización de uso puntual á conta de correo ou número de teléfono sinalados na solicitude no prazo de sete días, sen prexuízo da entrega da notificación da resolución na comparecencia que teña lugar no día e hora establecidos para a entrega das chaves.
No caso de denegación da solicitude levarase a cabo unha comunicación nos mesmos termos indicados para a concesión (mediante teléfono ou correo electrónico).
Réxime de funcionamento
1. Recollida das chaves: As chaves recolleranse no Centro Cívico Monelos, na Avda. de Monelos nº 2, 15008 A Coruña. Só poderá recoller a chave a persoa solicitante, mostrando o DNI.
De luns a vernes de 9:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 h.
2. Devolución das chaves: a persoa solicitante devolverá as chaves no Centro Cívico Monelos, na Avda. de Monelos nº 2, 15008 A Coruña o día hábil ou sábado seguinte ao uso do espazo nos horarios establecidos.
3. Limpeza do local: o Concello manterá un servizo de limpeza semanal do local, pero advertirá no documento de compromiso da normativa que é responsabilidade da persoa solicitante deixar o local limpo e nas mesmas condicións en que o atopou. Ademais, deberá facerse cargo do lixo e residuos producidos na actividade realizada.
4. Incidencias: no caso de atopar algunha incidencia, enviarase un correo electrónico a participacion@coruna.gal acompañado de fotografías, a data do evento e os datos da persoa solicitante. De atopar algunha incidencia grave, contactarase directamente coa Policía Local no 092.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible