Dende o 5 de xullo ate o 5 de agosto de 2024 as persoas interesadas poderán presentar alegacións e propostas á aprobación inicial da cuarta fase de execución do Mapa do Ruido da Coruña
5 de xullo de 2024
4 de xullo de 2024
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 28 de xuño do 2024, acordou aprobar inicialmente o Mapa Estratéxico de Ruído do Termo Municipal da Coruña 4ª fase, segundo o establecido na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e consonte co procedemento establecido no artigo 10 da vixente Ordenanza de ruído da Coruña.
O que se fai público para que as persoas interesadas poidan presentar por escrito, dentro do prazo DUN MES dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (Boletín Oficial da Provincia núm. 128 do 04.07.2024), as alegacións e propostas que estimen pertinentes, para o cal poderán examinar o antedito Mapa Estratéxico presencialmente nas oficinas da Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, sitas na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5ª planta) durante o devandito prazo e nos días e horas hábiles (09:00 a 13:00 h), ou ben a través da web do Servizo de Medio Ambiente: www.coruna.gal/medioambiente
As alegacións e propostas poderán presentarse, ademais de en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas, a través desta plataforma de "participación pública" da web Coruña Sostible.
Formulario de consulta pública da 4.ª fase do Mapa de Ruído
Memoria: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22439380274
Planos: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22441280103
Memoria resumen: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22441380094
Visor (marcar Categoría Ruido y Año de consulta 2022): Coruña Sostenible - Información Ambiental (coruna.gal)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible