Concello da Coruña

Concello da Coruña

Practise Energy A Coruña: usa a enerxía de forma intelixente


A través de este documental podrás conocer los principales objetivos del proyecto europeo Practise Energy en la ciudad de A Coruña. El programa se desarrolló en el barrio de Los Rosales y sirvió para impulsar el ahorro y la eficiencia energética entre los vecinos, comercios, entidades y empresas ubicadas en esta zona de la ciudad.

Que é o proxecto PRACTISE?

Practise

PRACTISE foi un proxecto internacional co que o Concello da Coruña perseguiu o desenvolvemento da enerxía sostible no ámbito local no marco da Unión Europea.

Este programa formou parte do programa europeo “Enerxía Intelixente para Europa” (Intelligent Energy Europe) no que participaron xunto ao Concello outros socios procedentes de diversos países da UE:

Italia

  • Cidade de Alessandria
  • Provincia de Alessandria
  • Universidade do Piamonte Oriental
  • AMAG
  • Collegio Construttori Edili-Alessandria
  • Ordine degli Ingegneri della Provincia di Alessandria

Romanía

  • Cidade de Ploiesti

Francia

  • Departament d´Ille et Vilaine
  • CIELE (Centre d´information sur l´ernergie et l´enviroment-Francia)
  • AILE

Gran Bretaña

  • TTR

Colaboradores:

  • Regione Piemonte (Italia)
  • Ordine Architetti (Italia)
  • Instituto Nazionale Bioarchitettura (Italia)
  • WWF-Alessandria (Italia)
  • La Conchiglia (Italia)
  • Bretagne Romantique (Francia)
  • Ademe (Francia)

Os obxectivos que buscaba o PRACTISE foron:

  • Mellorar o coñecemento e potenciación das iniciativas para a creación e implementación dunha Comunidade de Enerxía Sostible na cidade.
  • Creación dunha rede de expertos dentro da Coruña en todos os campos da Enerxía Sostible.
  • Promoción de accións participativas da poboación no campo da enerxía sostible.
  • Promoción de accións formativas para actores clave dentro da cidade (técnicos relacionados coa enerxía sostible: arquitectos, enxeñeiros; entidades públicas; asociación de construtores; asociacións ambientais; asociación de consumidores; universidades; etc).
  • Procura dun equilibrio en termos de enerxía sostible entre distintas áreas da cidade, tendo en conta sobre todo as áreas máis illadas.
  • Promoción da mellora continua do Plan de Acción da Enerxía a través da participación da poboación.

En definitiva, o proxecto permitiu desenvolver un paquete de boas prácticas para unha Comunidade de Enerxía Sostible (SEC). Puxéronse en marcha plans para alcanzar a eficiencia enerxética con criterios de sostenibilidade. A experiencia adquirida foi compartida e exportada a outras entidades locais da Unión Europea.

As SEC pódense definir como comunidades locais nas que políticos, planificadores, axentes do mercado e cidadáns cooperan activamente para conseguir a redución da dependencia enerxética externa, favorecendo fontes de enerxía renovable, xunto con medidas mellora da eficiencia enerxética en todos usuarios finais, traballando todos xuntos no reto que supón a loita contra o cambio climático dende as cidades. En definitiva, o proxecto Practise foi a orixe da Rede de Enerxía Sostible da Coruña.

Volver a menú

Que accións se desenvolveron dentro do proxecto?

Creunha Comunidade de Enerxía Sostible na nosa cidade mediante unha serie de actuacións concretas:

  • Realización dun estudo sobre o contexto e o mercado enerxético local, analizando debilidades e fortalezas, oportunidades e ameazas ás que se ve sometido.
  • Avaliouse a situación da "enerxía sostible" no ámbito local, realizando auditorías enerxéticas piloto en edificios e instalacións municipais.
  • Realizouse unha consulta a grupos representativos da cidadanía e a grupos de interese como profesionais, empresas vinculadas ao mundo enerxético, entre outros.
  • Leváronse a cabo iniciativas sobre o uso racional da enerxía, como plan de intervención sobre edificios municipais.
  • Estableceuse un Plan de Acción para a consecución dos obxectivos de enerxía sostible na cidade.
  • Participouse no deseño dunha plataforma e-learning e na súa divulgación.
  • Organizáronse seminarios, xornadas e grupos de traballo para os distintos grupos de interese dentro da comunidade.
  • Participouse nas reunións trans-nacionais previstas para difundir o proxecto nas diferentes comunidades locais participantes en PRACTISE ENERGY.
  • Desenvolveuse un Plan de Comunicación para difundir o proxecto adaptado a todos os perfís de cidadán.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión