Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pertencer á rede

Requisitos

A Rede de Enerxía Sustentable é accesible para calquera membro da comunidade local da Coruña cuxa actividade dalgunha maneira inflúa no campo da enerxía, ben sexa como gran consumidor, investigador, promotor, proxectista, comunicador etc., e que sexa representativa dun colectivo, dun sector de actividade ou doutro tipo de realidades singulares que acheguen un valor engadido ao proxecto.

Tamén poden formar parte da Rede de Enerxía Sustentable aquelas entidades non locais cuxa actividade sirva de canle de difusión para as iniciativas da Rede ou de intercambio de experiencias no campo da enerxía e na loita contra o cambio climático.

Inicialmente identificáronse como principais axentes do municipio os seguintes:

  • asociacións de profesionais técnicos
  • profesionais da educación
  • profesionais da Administración
  • entidades públicas
  • asociación de construtores
  • asociacións empresariais
  • entidades financeiras
  • actividades sanitarias
  • universidade
  • asociación de consumidores
  • asociacións ecoloxistas
  • empresas enerxéticas
  • grandes industrias
  • grandes consumidores
  • agrupacións veciñais
  • cidadanía en xeral

Volver a menú

Compromisos

O único requisito formal, ademais dos mencionados no punto 5, consiste na adopción dunha serie de compromisos de aplicación individualizada e colectiva para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, estes son:
  • Fomentar o uso racional da enerxía e a implantación de fontes de enerxía renovable na miña área de influencia.
  • Colaborar no intercambio de información entre os membros da rede en relación co uso eficiente da enerxía, políticas de loita contra o cambio climático e na identificación dos hábitos de consumo da cidadanía.
  • Difundir as boas prácticas no campo da eficiencia enerxética e das enerxías renovables para lograr un cambio de conduta da cidadanía cara a hábitos máis sustentables.
  • Contribuír á eliminación das barreiras tecnolóxicas e non tecnolóxicas que dificultan o acceso a novas formas de xestión eficiente da enerxía.
  • Colaborar nos grupos e mesas de traballo creados no marco do Plan de Participación do PRACTISE.

Volver a menú

Solicitude

A solicitude de adhesión pódese efectuar por vía electrónica a través do seguinte formulario de solicitude de adhesión ou ben mediante calquera dos condutos establecidos na lexislación de procedemento administrativo dirixindo un escrito á Área de Sostenibilidade.

Volver a menú

Formalización

En cada reunión dos grupos de traballo realizarase un acto protocolario de sinatura no Libro da Rede de Enerxía Sostible, onde se recollen os compromisos de adhesión de todos os novos membros admitidos.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión