Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unidades familiares con menores en idade escolar (menores de 4 a 12 anos)

  • Actividades de apoio escolar para menores

    Actividade de apoio ao estudo e realización de tarefas escolares para alumnos e alumnas que teñan dificultades para facer as tarefas na súa casa.

  • Actividades de prevención e sensibilización cidadá en materia de drogodependencia

    Conxunto de actividades informativas e preventivas sobre as adiccións e que se traballan no ámbito familiar, escolar e comunitario.

  • Actividades de reforzo na aprendizaxe escolar por dificultades da linguaxe

    Ten como obxectivo axudar aos/as menores con dificultades cognitivas, de lectura e escritura a superalas a través da realización de actividades vinculadas ao ámbito escolar. Desenvólvese durante o curso escolar.

  • Actuacións de prevención do absentismo escolar

    Tratamento dos casos de absentismo de menores en idade escolar obrigatoria, poñendo á súa disposición e a das súas familias a información e os medios necesarios para facer efectiva esa escolarización.

  • Atención á infancia a domicilio

    QUE É?

    Esta modalidade inclúe un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atencións prestadas aos e ás menores no seu propio domicilio e/ou fóra del.

    O fundamento principal desta modalidade son as necesidades e circunstancias de carácter familiar e laboral, de natureza extraordinaria, tanto dos e das menores (dende os 4 meses ata os 12 anos) como das persoas responsables que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou doutras institucións públicas para atender necesidades de conciliación (espazos de atención á infancia e ludotecas de forma preferente, campamentos, comedores escolares, servizo de madrugadores en colexios públicos, actividades para menores programadas polo concello etc.). Á súa vez, configúrase como un servizo para necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

  • Bolsas de comedor - Axudas económicas para para comedores escolares

    O obxecto desta prestación é proporcionarlle axuda económica ás familias para colaborar no pagamento do comedor escolar das súas fillas e fillos. Está destinada a familias do Concello da Coruña, empadroadas no Concello da Coruña e que teñan fillas e fillos a cargo, escolarizados en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos

  • CiberAulas - Programa CiberCaixa: "Quedamos ao saír da clase"

    Atención a menores a través dun proxecto socioeducativo, desenvolvido nun espazo dotado de medios tecnolóxicos e informáticos modernos.

  • Espazos de Atención á Infancia

    QUE SON?

    Son lugares nos que se lles proporciona aos e ás menores acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo de lecer.

    O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

    As actividades organízanse en varios bloques: xogo libre; xogo dirixido (talleres e actividades de animación sociocultural); apoio ao estudo (tarefas escolares, aprendizaxe de técnicas de estudo etc.)

    Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.

resultados 8

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión