Concello da Coruña

Concello da Coruña

Valoración das demandas individuais e familiares. Análise e diagnóstico das situacións sociofamiliares.

Proporciónase atención social ás persoas e familias a partir da súa demanda e analízase cada situación individual e familiar para concluír nunha valoración ou diagnóstico social. En función da dita valoración mobilízase ou aplícase un recurso ou recursos concretos.

A quen vai dirixido?:

  • Toda a poboación
  • Sectores específicos de poboación con necesidades de intervención social.

Requisitos:

Estar empadroado/a e/ou residir no termo municipal do Concello da Coruña.

Acudir ás entrevistas programadas para cada persoa/familia.

Aceptar un compromiso individual e/ou familiar coas actuacións sociais que a traballadora social consensuase con cada persoa/familia.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Para esta valoración social a traballadora social abre un expediente social básico que contén unha historia social única para cada unidade familiar e asígnase unha profesional de referencia. Cada persoa de forma individual e particularmente poderá consultar, posteriormente, a súa historia social persoal na web municipal.

Segundo cada caso poderase planificar e acordar con cada persoa e/ou familia un plan de intervención social, con obxectivos a curto, medio e longo prazo que axuden a superar as dificultades ou limitacións e que favorezan a súa autonomía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión