Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de inclusión social

Obxecto:

  • Actuar sobre aqueles factores condicionantes da exclusión, para evitar situacións de deterioración vital das persoas e promover a súa incorporación e participación social.
  • Conseguir que as persoas ou familias en situación de pobreza e/ou de exclusión social, logren adquirir as habilidades necesarias para evitar a súa vulnerabilidade, posibilitando o acceso ao emprego e o mantemento dun modo de vida normalizado

A quen vai dirixido?:

Persoas que residen no témino municipal e atópense nunha situación de carencia grave de recursos, de medios e de habilidades para vivir de forma normalizada.

Recursos humanos:

Directora de Unidade Técnica, profesionais do traballo social, educadora social e orientadora laboral.

Requisitos:

A persoa interesada pode pedir cita no Servizo de Atención Inmediata (SAI) e é este servizo quen valora se derivar a situación ao programa de inclusión social; acudir a atención inmediata do propio equipo por situación urxente; ser derivada por entidades que traballan con persoas sen fogar; así como ser derivada por outros programas ou servizos municipais.

Enderezo:

Centro Cívico Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n. 15002 A Coruña

Programa dirixido a persoas que se atopen nunha situación de exclusión social ou en grave risco de padecela.

A través deste programa desenvólvense accións que -relacionándose entre si- posibilitan itinerarios individualizados de inserción social e laboral, encamiñados a lograr un maior grao de inserción para as persoas sobre as que se intervén.

No contido da acción directa sobre as persoas interesadas, establécense as vias para favorecer a cooperación entre as entidades públicas e privadas, que desenvolven servizos de atención a este colectivo na cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión