Persoas que residen no témino municipal e atópense nunha situación de carencia grave de recursos, de medios e de habilidades para vivir de forma normalizada.
Directora de Unidade Técnica, profesionais do traballo social, educadora social e orientadora laboral.
A persoa interesada pode pedir cita no Servizo de Atención Inmediata (SAI) e é este servizo quen valora se derivar a situación ao programa de inclusión social; acudir a atención inmediata do propio equipo por situación urxente; ser derivada por entidades que traballan con persoas sen fogar; así como ser derivada por outros programas ou servizos municipais.
Centro Cívico Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n. 15002 A Coruña
Programa dirixido a persoas que se atopen nunha situación de exclusión social ou en grave risco de padecela.
A través deste programa desenvólvense accións que -relacionándose entre si- posibilitan itinerarios individualizados de inserción social e laboral, encamiñados a lograr un maior grao de inserción para as persoas sobre as que se intervén.
No contido da acción directa sobre as persoas interesadas, establécense as vias para favorecer a cooperación entre as entidades públicas e privadas, que desenvolven servizos de atención a este colectivo na cidade.
Entidades
Prestacións relacionadas
Normativas
Programas relacionados
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible