Axudas económicas para persoas con discapacidade, que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade, teñen problemas para utilizar os transportes públicos colectivos.
Persoas con discapacidade
Para público en xeral
Dende o 17/11/2021 ata o 16/12/2021
Xa rematou
Dende o 17/11/2021 ata o 16/12/2021
Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das subvencións quen teña unha discapacidade, recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente e que estean gravemente afectadas na súa mobilidade e iso impídalles utilizar os transportes públicos colectivos, sempre que requiran deste medio para o seu desprazamento ao exterior. Esta condición debe quedar claramente acreditada no documento administrativo, que certifique a discapacidade.
Sen prexuízo do deber das persoas beneficiarias de reunir os requisitos esixidos na data de finalización da presentación de solicitudes, así como de presentar a documentación pertinente, non poderá ser causa de exclusión a falta de expedición do documento acreditativo no que conste a afectación á mobilidade e uso do transporte público colectivo sempre que, expedido este, teña data de efectos anterior á finalización do prazo de presentación común de solicitudes. En caso contrario, poderá procederse polo procedemento de necesidades sobrevindas.
No referente a certificados de discapacidade, os cales non se pronuncien sobre a mobilidade e o uso do transporte público colectivo, deberán ser as persoas interesadas quen solicite ante o organismo competente a súa modificación.
Son requisitos, esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data de finalización de presentación de solicitudes e manterse ao longo de todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral De Subvencións, os seguintes:
a) Ser maior de 3 anos.
b) Residir no Concello da Coruña e constar como empadroada/ou desde, polo menos 6 meses anteriores á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes.
O Concello poderá esixir a acreditación documental do anteriormente exposto mediante a presentación de recibos de consumo periódico, que acrediten o uso habitual da vivenda.
c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente, na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.
d) No caso de que a persoa solicitante atópese en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
e) Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo. No caso das persoas menores de idade non emancipadas, esta obrigación entenderase referida a quen ostente a tutela legal.
f) Non dispoñer duns ingresos superiores ao 210% do IPREM vixente no ano 2022.
g) Estar ao corrente das obrigacións fiscais coa Axencia Estatal da Administración (AET), coa Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.
Concello da Coruña
Sobre o procedemento administrativo correspondente a esta convocatoria, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es e na Concellería de Benestar social, Igualdade e Participación, na Rúa Fernández Latorre nº 64-66. Entreplanta, CP 15006, A Coruña de forma presencial ou telefonicamente no teléfono 981 184 200.
Para máis información consultar as ligazóns e documentos relacionados. No documento "Basees da convocatoria" atópanse os anexos que hai que presentar xunto coa solicitude.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible