Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio á tramitación de recursos e prestacións doutros sistemas de protección social en xeral

Dar apoio á persoa directamente ou axudándoa nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto ante unha demanda dun recurso ou servizo que pertence a outro sistema de protección social como Seguridade social, Emprego, Vivenda, Sanidade, Educación, Administración civil, Administración de xustiza etc.

A quen vai dirixido?:

Toda a poboación.

Organiza:

Concello da Coruña.

Requisitos:

  • Estar empadroado/a e/ou residir no termo municipal da Coruña.
  • Acudir presencialmente á unidade de atención social máis próxima o seu domicilio.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Máis información:

O apoio poderá consistir en proporcionar unha información, asesoramento ou facer un trámite concreto, realizar un informe social ou obter información que posibilite á persoa o acceso ao recurso que solicitou.

Nalgún caso a traballadora social poderá derivar a programas ou servizos que completen a atención a cada persoa/familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión