Prestación que consiste en percorridos polas rúas e espazos da cidade para a localización de persoas que pasan nela a noite. O destino das rutas é coñecelas, ofrecer información sobre os recursos de atención na cidade, roupa de abrigo e alimento.
Estas rutas realízanse a través de dous servizos:
- "Xiras de observación". Saídas semanais de coñecemento e contacto. Dende o apoio anteriormente sinalado trátase de iniciar procesos de axuda para superar a súa estancia na rúa.
- "Dispositivo +calor". Saídas nos días con alerta por condicións climatolóxicas adversas, co obxectivo prioritario de previr riscos para a saúde e integridade de persoas localizadas na rúa.
Ser maior de idade e encontrarse no termo municipal.
Estar pasando a noite na rúa ou outras localizacións utilizadas con ese fin.
Todos os días laborables do ano.
As vías de contacto para dar coñecemento de persoas nesta situación son as seguintes:
Poderanse dar a coñecer estas situacións por vía telefónica, correo electrónico ou acudindo ao servizo municipal de atención inmediata, equipo de inclusión social, 010 ou ao servizo da Policía Local.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Normativas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible