Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de Comida a domicilio

Servizo dunha comida diaria equilibrada no domicilio para persoas con limitacións, discapacidade ou con algún tipo de deterioración física ou psíquica que lles dificulte facer a compra e preparar a comida diariamente.

A quen vai dirixido?:

Persoas que acrediten limitacións físicas ou psíquicas que dificulten a súa autonomía.

Organiza:

O servizo estará prestado por algunha das entidades prestadoras de Servizos sociais á que se lle adxudique contrato mediante concurso público.

Requisitos:

Estar empadroadas e con residencia efectiva no Concello da Coruña.
Ter dificultades derivadas dunha limitación física ou psíquica.
Ser valorado como recurso necesario por persoal técnico municipal de servizos sociais.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Remuneración / Dotación:

Prestación de servizo.

Máis información:

Reparto de comida en domicilio para todos os días do ano. O reparto faise 3 días da semana.

A comida está adaptada para quentar en microondas, e adaptada tamén a problemas de saúde diversos (deta básica, sintrom, diabética).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión