Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Dispositivo que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas que viven ou están soas e cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten a solicitude de axuda ou aviso a familiares e servizos médicos en caso de urxencia.
  • Padecer patoloxías ou ter limitacións persoais polas que se encontren en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.

Organiza:

A entidade prestadora de servizos sociais adxudicataria do contrato.

Requisitos:

  • Estar empadroado/a e residir no municipio da Coruña
  • Dispoñer de liña telefónica
  • Non padecer limitacións auditivas que impidan a utilización do servizo
  • Pertencer ao colectivo ao que vai dirixido

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Remuneración / Dotación:

A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida que consta dunha unidade de alarma (medallón ou pulseira) que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada, receptora de chamadas, situada no centro de atención.

Está activo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Máis información:

Para acceder a esta prestación debe:

  • Acudir sen cita previa á oficina municipal de dependencia, maiores e discapacidade para recibir asesoramento sobre a idoneidade desta prestación
  • Presentar solicitude do servizo coa correspondente documentación
  • Entrevista domiciliaria de valoración con persoal técnico municipal e que se concertará previamente vía telefónica

Tamén che pode interesar

  • Solicitude de servizos maiores, dependencia e discapacidade (269 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión