Proporciónase atención social ás persoas e familias a partir da súa demanda e analízase cada situación individual e familiar para concluír nunha valoración ou diagnóstico social. En función da dita valoración mobilízase ou aplícase un recurso ou recursos concretos.
Estar empadroado/a e/ou residir no termo municipal do Concello da Coruña.
Acudir ás entrevistas programadas para cada persoa/familia.
Aceptar un compromiso individual e/ou familiar coas actuacións sociais que a traballadora social consensuase con cada persoa/familia.
Durante todo o ano.
Para esta valoración social a traballadora social abre un expediente social básico que contén unha historia social única para cada unidade familiar e asígnase unha profesional de referencia. Cada persoa de forma individual e particularmente poderá consultar, posteriormente, a súa historia social persoal na web municipal.
Segundo cada caso poderase planificar e acordar con cada persoa e/ou familia un plan de intervención social, con obxectivos a curto, medio e longo prazo que axuden a superar as dificultades ou limitacións e que favorezan a súa autonomía.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible