No pasado ano 2017, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Concello da Coruña decidíu incluír o 8 de marzo entre os días de festa local, convidando a toda a cidadanía a vivir ese día dende unha dimensión lúdica, pero sen esquecer a súa parte reivindicativa. Esta última ten este ano máis forza que nunca, coa convocatoria de Folga Xeral Feminista lanzada polo movemento feminista: unha folga que demanda melloras no ámbito do traballo asalariado e a redución da fenda salarial; pero que tamén pon o foco na reivindicación colectiva da importancia dos coidados, esenciais para a sostenibilidade da vida.
Dende aí xorde este convite; un programa de actividades transversais que se expanden ao longo de todo o mes de marzo, dende o que recoñecer a importancia das achegas das mulleres á nosa sociedade, visibilizando a relación da muller e do mar. Porque sen o traballo das mulleres, para o mundo.
Visita e conversas con mulleres que transforman realidades na Lonxa da Coruña
Debido á previsión meteorolóxica para os días 14 e 15 de marzo, a actividade "Visita e conversas con mulleres que transforman realidades na Lonxa da Coruña" aprázase para o xoves día 22 de marzo, no mesmo horario. Se estás interesado/a en participar pódeste inscribir chamando ao teléfono 981 184 253 ou enviando un correo a igualdadediversidade@coruna.es.
4 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible