Concello da Coruña

Concello da Coruña

Picasso na Coruña

Picasso viu a súa primeira luz en Málaga, pero é na Coruña onde nace o pintor. A Coruña, coa súa Casa-museo Picasso, colabora na difusión da obra e vida do considerado o maior artista do século XX.

En outubro de 1891, a familia Ruiz Picasso chega á cidade da Coruña procedente de Málaga. Pablo está a piques de cumprir 10 anos e vén seguindo ao cabeza de familia, José, que obtivo praza de profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, situada moi preto da rúa Payo Gómez 14-2º, onde se instalan os andaluces. O neno estuda durante tres cursos ensino secundario, con notas discretas, e durante outros tantos na escola de artes, con cualificacións extraordinarias.

A Coruña será ademais a cidade na que terá o seu primeiro contacto co amor (coas irmás Méndez Gil) e coa morte da súa irmá Conchita, na que nacerá a súa conciencia política ligada ao republicanismo do seu mecenas Costais e na que expoñerá por primeira vez. O traslado do seu pai á escola de Barcelona supón o adeus da familia á urbe en abril de 1895.

Á cidade coruñesa chegou un neno, e dela vaise un pintor. Nunca volverá, pero sempre conservará o recordo da súa estancia: "É a cidade na que se espertaron os meus sentidos, e iso é algo que nin o tempo nin a distancia poden borrar", dixo moitos anos despois da súa marcha.

Podes descargarche aquí o folleto da Ruta Picasso

Segue a Ruta Picasso

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión