Concello da Coruña

Concello da Coruña

Polbo á brasa con mollo de pementos queimados, percebes e minchas

Ingredientes:

1 Polbo (usaremos medio tentáculo por ración)

50 gr de Minchas por cada ración

6 Pementos

Azucre

Sae

Aceite de oliva virxe extra

Forma de elaboración:

Preparación

Limpamos e cocemos o polbo. Por cada quilo de peso deberá estar 20 minutos en auga fervendo. Deixarémolo repousar 15 minutos na auga, co lume apagado, antes de cortalo.

Poñemos abundante auga con sal nunha pota ao lume e metemos os percebes e minchas cando estea a ferver. Esperamos a un segundo hervor e quitámolos. Cando estean fríos pelámolos.

Queimamos ao lume os pementos ata que queden negros por fóra. Metémolos nunha pota, cubrímolos con auga e deixámolos cocer media hora. Despois coamos todo e conservamos a auga. Licuamos os pementos e mesturamos o líquido resultante coa auga da cocción. Fervemos todo durante un cuarto de hora. Coámolo e rectificamos o punto de sal e azucre.

Marcamos o polbo á brasa e o emplatamos coas minchas, os percebes e o mollo de pementos. Engadimos un pouco de aceite de oliva virxe extra e unha ensalada de micro vexetais.

Máis receitas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión