· As sentenzas xudiciais favorables sobre a planta avalan as decisións do goberno do PP en defensa dos intereses municipais de non pagar máis por reciclar menos
· Gallego agradeceu o traballo realizado polo anterior equipo directivo, o interventor e o funcionariado que interviñeron nestes recursos, en especial a Asesoría Xurídica
· A ineficacia de Ferreiro xa lles custou máis de 60 millóns aos coruñeses ao perder fondos europeos, non baixar o IBI, subir o recibo da auga, comprar pisos irregulares etc.
A portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, compareceu ante os medios de comunicación para expresar a súa satisfacción pola nova sentenza sobre Nostián que lle dá a razón ao Goberno municipal do PP na súa defensa dos intereses municipais, que son os de todos os coruñeses.
Gallego agradeceu o traballo relacionado realizado polo anterior equipo directivo, polo interventor municipal, e polo funcionariado que interviu nestes procesos, en especial a Asesoría Xurídica.
Segundo explicou Gallego, o PP tiña claro que a empresa incumpría desde o primeiro momento e que non se podía pagar máis por reciclar menos e compensar eses incumprimentos. Razón pola que os Populares encargaron as auditorías, técnica e económica e, tras estudalas, decidiron emprender accións xudiciais con resultado beneficioso para os coruñeses.
Esta nova decisión xudicial, xunto coas anteriores, supón un aforro para os coruñeses de máis de 80 millóns de euros grazas á xestión do anterior goberno, que defendeu a improcedencia de todas as reclamacións da empresa, que si avalou o bipartito municipal.
Mentres a xestión do PP supón un aforro para todos os coruñeses, a ineficacia de Ferreiro xa lles custou aos coruñeses 60 millóns de euros, que sen dúbida aumentarán co tempo:
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
12 de marzo de 2018
Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
7 de marzo de 2018
29 de maio de 2017
21 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible