A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde, e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ademais, este órgano regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento orgánico municipal .
Por Decreto da Alcaldía 3616/2024 , do 24 de xuño de 2024, estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local para o mandato municipal 2023-2027, as tenencias de Alcaldía e o seu réxime de sesións.
Composición
Presidencia: Sra. D.ª Inés Rey García , alcaldesa
A persoa titular da Secretaría da Xunta de Goberno Local é o Sr. D. José Manuel Lage Tuñas , actuando como suplente a Sra. Dª. Nereida María Canosa Domínguez e, na súa ausencia, Sra. Dª. Eudoxia Neira Fernández
Tenencias da Alcaldía
En virtude do Decreto da Alcaldía 3616/2024, do 24 de xuño de 2024, foron nomeados tenentes e tenentas de alcaldesa os seguintes membros da Xunta de Goberno Local:
Réxime de sesións
Réxime de funcionamento
As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do Regulamento orgánico municipal .
Pódense consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible