Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Definición e tipos de convenio

colaboración

Nas relacións entre as administracións públicas debe primar o principio de colaboración, aplicable ás relacións que a Administración poida establecer mediante un acordo de colaboración con outras entidades en virtude dun convenio.

Non existe unha regulación xurídica que defina ou clasifique claramente estes convenios de colaboración, o que provoca que exista unha ampla variedade de criterios respecto da actividade administrativa neste ámbito.

O que si queda claro é que calquera convenio supón sempre un acordo de vontades entre dúas ou máis administracións ou entidades sen ánimo de lucro sobre aspectos nos que ambas poden colaborar, cada unha achegando os medios necesarios para desenvolver a actividade acordada.

Ademais da figura do convenio, contémplanse tamén os contratos e as subvencións, cada unha coas súas características específicas. No art. 16 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE do 18 de novembro de 2003), recóllense determinados requisitos que rexen os convenios ou contratos que as administracións públicas poden establecer con entidades colaboradoras para que estas convoquen subvencións.

A continuación móstranse os convenios subscritos polo Concello da Coruña referidos aos seguintes anos:

Documentos relacionados

  • Convenios urbanísticos
  • Convenio, para financiar a liña 1 (apoio e mantemento da actividade económica. subvencións para gastos correntes, do plan de reactivación económica e social da coruña (presco), convocatoria do ano 2020, no marco do plan de emprego local (pel) anualidade 2021 da deputación da coruña (1 MB)
  • Convenio Concello-Deputación en materia TIC (313 KB)
  • Documentos relacionados

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible