Concello da Coruña

Concello da Coruña

Por que unha Administración "transparente"?

vaso de cristal

A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política.

Se a cidadanía coñece como se toman as decisións que lle afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúa o goberno municipal, empézase a responder a unha sociedade crítica, esixente e que demanda participación na toma de decisións.

Esta transparencia, fronte á idea de segredo e reserva, reforza o carácter democrático de calquera Administración pública xa que queda suxeita ao control cidadán.

  • Canta máis transparencia (publicidade proactiva), menos necesidade de demanda de información porque xa estará exposta (publicidade pasiva)
  • Canta máis transparencia, maior participación porque a cidadanía poderá opinar ao ter datos fiables.
  • Canta máis transparencia, maior garantía de cumprimento dun programa de goberno porque se poderá avaliar.

Por tanto, e non simplemente polo feito de que exista unha lei que "obrigue", a esixencia dunha cultura da transparencia debese ser a meta de calquera Administración para lograr unha sociedade mellor, máis informada, máis esixente e máis participativa, conseguindo así un verdadeiro goberno aberto.

Por todo isto e máis, créase e desenvólvese este Portal da Transparencia do Concello da Coruña. Fainos as túas propostas a tarvés do enderezo de correo electrónico alcaldia@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión