· Rosa Gallego propón que se acorde a revisión de oficio do expediente ante as irregularidades detectadas, co ditame previo preceptivo e vinculante do Consello Consultivo
· O PP destaca que tampouco publicaron no BOP a resolución de compra previamente á sinatura como din as bases e que Ferreiro gastou diñeiro público en comprar unha vivenda ilegal en lugar de sancionar a persoa propietaria
· Ferreiro ten quince días hábiles para a convocatoria do Pleno ao contar o Grupo municipal Popular cos concelleiros mínimos que esixe o Regulamento para a súa celebración
A Portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, anunciou que solicitaron hoxe a convocatoria dun Pleno extraordinario sobre a compra dos dous inmobles con irregularidades a un asinante da Marea que Ferreiro ten que convocar en quince días hábiles ao contar cos concelleiros esixidos.
Na súa solicitude, o PP propón que na devandita sesión se acorde incoar un procedemento de revisión de oficio do expediente ante as irregularidades detectadas nos dous inmobles, previo o ditame preceptivo e vinculante do Consello Consultivo, e que termine, se é o caso, coa declaración de nulidade do acordo de adquisición porque non se trata de erros, senón de vicios de nulidade.
O PP lembra que foron os concelleiros de Contratación e de Renexeración Urbana os que desviaron as posibles responsabilidades cara aos funcionarios da comisión de valoración aos que en ningún momento cuestionou a oposición.
As irregularidades do inmoble da rúa Joaquín Martín Martínez afectan á súa condición de local comercial, a que non cumpre a superficie útil mínima nin a do dormitorio principal, á titularidade rexistral, ás cargas hipotecarias, á taxación como vivenda e á ausencia de ascensor. O da rúa Santander tampouco cumpre coa superficie.
O dono destes inmobles non é un asinante da Marea sen máis, está na organización. Ferreiro está a gastar diñeiro público na compra dunha vivenda ilegal no canto de sancionar a persoa propietaria.
Ademais, ambos os inmobles foron escriturados e pagados antes de finalizar o prazo para posibles recursos e as bases recollen que había que publicar a resolución de adquisición previamente á compra e non o fixeron. Agora teñen un problema que non existiría se publicasen a resolución antes da compra e o pago.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
12 de marzo de 2018
Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
7 de marzo de 2018
29 de maio de 2017
21 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible