Concello da Coruña

Concello da Coruña

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • 100 preguntas (CdTBG)

    100 preguntas sobre Transparencia

    Consello de transparencia e bo goberno, 2016. Neste documento destácanse as cuestións que se foron expoñendo durante os dous primeiros anos da aplicación da Lei de transparencia e a resposta facilitada desde o Consello.

    O principal obxectivo da súa elaboración é axudarlles na súa tarefa ás persoas encargadas de cumprir con esta norma, e así conseguir a definitiva e efectiva consolidación dos principios de transparencia e responsabilidade pública no funcionamento da administración.

  • Guía EUDEL

    Guía para a posta en marcha e xestión da transparencia municipal

    EUDEL (Euskadiko Udalen Elkarte - Asociación de Municipios Vascos). Marzo 2014.

    A transparencia é unha das liñas estratéxicas do traballo de Eudel. Supón un dos grandes retos para as entidades locais xunto coa innovación e modernización, nas que os concellos teñen unha longa traxectoria a través das Axendas de Innovación Local (AIL).

    A transparencia representa unha grande oportunidade en termos de proximidade coa cidadanía, mellor xestión e maior lexitimidade da acción política local.

  • Guía tramitación de solicitudes de acceso a info pública (Opera)

    Guía básica de tramitación de solicitudes de acceso á información pública

    Oficina para a Execución da Reforma da Administración (OPERA). Xuño 2016.

    A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE 10/12/2013, LTAIBG) configúrase como a norma básica en materia de acceso á información pública, sendo aplicable a todas as administracións públicas.

    Esta lei no seu art. 13, entende o dereito de acceso á información pública como "os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións".

  • Mantemento portais

    Actualización e mantemento do Portal de Transparencia municipal

    Deputación Provincial de Castelló. Xuño 2016.

    A entrada en vigor da normativa reguladora da transparencia supuxo un verdadeiro desafío para todas as administracións públicas, xa que a maioría delas tiveron que axustar as súas normas de organización, e mesmo de funcionamento, para cumprir coas obrigas establecidas por aquela.

    Precisamente polo devandito imperativo legal, todas estas administracións teñen que publicar a través dos seus correspondentes portais de transparencia unha relación de contidos moi detallada.

  • ANONIMIZACIÓN de datos persoais

    Orientacións e garantías nos procedementos de ANONIMIZACIÓN de datos persoais

    Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). 2016.

    A información é un recurso fundamental na sociedade actual. O tratamento e a explotación de grandes volumes de información ofrece múltiples beneficios á sociedade sempre que se manteña o respecto polos dereitos das persoas, a súa privacidade e a protección dos seus datos persoais.

    A anonimización de datos debe considerarse como unha forma de eliminar as posibilidades de identificación das persoas.

  • 80 Buenas prácticas EUDEL

    "80 Buenas prácticas para lograr un ayuntamiento transparente"

    EUDEL (Euskadiko Udalen Elkarte - Asociación de Municipios Vascos). Novembro 2014

    Calquera concello, con independencia do seu tamaño, pode mellorar en transparencia. Unha web municipal é a carta de presentación dese concello, demostra un compromiso por facilitar a consulta cidadá e o seu acceso directo á información.

    Este documento recolle exemplos de implementación transparente en 11 ámbitos. Trátase dunha recompilación non exhaustiva que non busca establecer un ránking senón só ilustrar boas prácticas. A idea é que estas prácticas lle poidan servir de orientación ou inspiración a un concello á hora de abordar os distintos ámbitos da transparencia, aínda que a maioría sexan de concellos vascos.

  • Investigación sobre os portais de transparencia

    Investigación sobre os portais de transparencia

    Analítica pública, 2016

    Este estudo é resultado dun traballo persoal a iniciativa propia que se atopou con algunhas dificultades propias da web pública en xeral e do modelo español en particular.

    Trátase dun intento de mostrar como coñecer máis o que funciona e o que non funciona pode axudar a que as cousas funcionen mellor. En todo caso, o camiño só pode ir cara a diante e moi posiblemente, en futuras versións deste traballo, poderase ir mellorando nas conclusións a partir duns datos máis homoxéneos e depurados.

  • REUTILIZACIÓN da info para protección de datos

    Orientacións sobre a protección de datos na REUTILIZACIÓN da información do sector público

    Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). 2016.

    A AEPD asume a iniciativa de difundir orientacións preventivas para compatibilizar o desenvolvemento da información púlica coas garantías dos dereitos da cidadanía. Por iso este documento comeza analizando o marco normativo da reutilización e as interrelacións coa lexislación sobre o dereito á protección de datos persoais e sobre transparencia e acceso á información pública. Posteriormente descríbese como realizar unha avaliación de impacto, como pode reforzarse a anonimización por medio de garantías xurídicas e cales son os instrumentos xurídicos nos que deben recollerse estas garantías.

  • 42 voces

    42 voces sobre o Goberno Aberto

    Xarca d¨Innovació Pública (XIP. Rede de Innovación Pública). Abril 2014.

    A Rede elaborou unha publicación colaborativa para definir os 42 estándares relativos ao goberno aberto. O resultado é unha colección especializada: 42 persoas de todo o mundo ofrecen o seu coñecemento sobre goberno aberto, 42 artigos breves e concisos que dan pistas para entendelo mellor e saber como avanzar.

  • Anexo documentación

    Anexo de documentación da Guía para a implantación da Lei 19/2014, do 29 de decembro, nos concellos cataláns

    Traballo elaborado por Rafael Jiménez Asensio e Estela Ribes Caballer.

    Este anexo documental elabórase para lles proporcionar ás persoas interesadas unha documentación complementaria en materia de transparencia, bo goberno, ética pública e goberno aberto. Inclúe referencias lexislativas, iniciativas e webs tanto institucionais como de iniciativa privada, publicacións e documentos de interese.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión