Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orzamentos municipais

gráficos, análises e lupa

A Alcaldía, a través da concellería competente en materia orzamentaria, vixiará a execución e o cumprimento do establecido no orzamento por parte de todos os servizos municipais.

Sempre respectando os límites que marque a lexislación vixente, así como as posibles delegacións que se poidan acordar, as competencias en materia orzamentaria son:

  • A autorización e disposición de gastos correspóndelle ao alcalde ou alcaldesa, Xunta de Goberno Local e Pleno segundo as súas competencias, sen prexuízo das posibles delegacións acordadas.
  • O recoñecemento e a liquidación de obrigas derivadas de compromisos de gastos legalmente adquiridos, correspóndelle ao alcalde ou alcaldesa, e pola delegación conferida, aos/ás tenentes de alcalde responsables de área, concelleiras/as delegados/as, coordinadores/as, directores/as de área ou órganos similares.
  • Correspóndelle á Xunta de Goberno Local a competencia en materia de contratación e concesións, incluídas as de carácter plurianual, a ampliación do número de anualidades e a modificación das porcentaxes deses gastos plurianuais, así como a xestión, adquisición e alleamento do patrimonio.
  • A ordenación e a sinalización de pagos correspóndelle ao alcalde ou alcaldesa, e pola delegación conferida na súa ausencia, á concelleira ou concelleira delegado de Facenda.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión