Orde TER/1204/2021, de 3 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente a 2021, de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O Concello da Coruña é beneficiario de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR, entre as que se atopan as destinadas á consecución dos obxectivos definidos no Compoñente 11 do Plan, Investimento 3- Transformación Dixital e Modernización do Ministerio de Política Territorial e Función Pública e das Administracións das CCAA e as EELL, investimento que aborda proxectos de modernización no ámbito da Administración Xeral do Estado e das Administracións das Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.
Desta maneira, a través da convocatoria do Ministerio de Política Territorial correspondente a 2021 de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Orde TER/1204/2021, de 3 de novembro), concedéronse fondos para a execución dos seguintes proxectos:
LIÑA ESTRATÉXICA 2: OPERACIÓNS INTELIXENTES
Obxectivo: Mellorar a calidade, cantidade e eficiencia dos servizos e procesos de xestión e tramitación das administracións públicas, a través da utilización de tecnoloxías de automatización intelixente.
Importe concedido: 281.939,14 euros.
Infórmase que están financiados con cargo a fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea: NEXT GENERATION EU no marco da ORDE TER/1204/2021 SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS, (COMPOÑENTE 11. INVESTIMENTO 3) e que cumpren con todos os principios transversais do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021, así como cos principios de xestión específicos do PRTR previstos no artigo 2 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, co nivel de esixencia requirido pola devandita Orde, os seguintes contratos:
LIÑA ESTRATÉXICA 5: CIBERSEGURIDADE
Obxectivo: Garantir a seguridade das infraestruturas, comunicacións e servizos dixitais prestados polas administracións públicas e mellorar as súas capacidades de prevención, detección e resposta ante incidentes de ciberseguridade.
Importe concedido: 639.173,50 euros.
Infórmase que están financiados con cargo a fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea: NEXT GENERATION EU no marco da ORDE TER/1204/2021 SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS, (COMPOÑENTE 11. INVESTIMENTO 3) e que cumpren con todos os principios transversais do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021, así como cos principios de xestión específicos do PRTR previstos no artigo 2 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, co nivel de esixencia requirido pola devandita Orde, os seguintes contratos:
Enlaces relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible