A portavoz Popular reuniuse coas persoas afectadas para trasladarlles o seu apoio e insta a Ferreiro a rectificar xa a decisión de seguir coas probas e non cando se coñezan as notas e se cause máis prexuízo ás 200 persoas aspirantes.
A portavoz do Grupo Municipal, Rosa Gallego, reuniuse esta mañá con representantes dos opositores a Policía Local da Coruña que desde o pasado 18 de maio, data en que se realizou a primeira proba escrita, comezaron unha odisea para denunciar unha serie de irregulares no transcurso do exame que Ferreiro pretende ignorar. "Hoxe estamos aquí para dar voz a esta mocidade que de sente ignorada e impotente ante un Ferreiro que, unha vez máis, ante un grave problema mira para outro lado. Os incidentes que se denuncian son o suficientemente graves como para que Ferreiro ordene a apertura dunha investigación interna do ocorrido e se tomen medidas".
A portavoz Popular lembrou, segundo denuncian as persoas afectadas, que as oposicións a cinco prazas de policía local tiveron lugar o pasado 18 de maio e contaron con 200 persoas opositoras. Tras varios minutos de proba escrita, o tribunal decátase de que hai exames incompletos e deciden parar a proba e retiralos, tempo no que as persoas opositoras poden ler todas as preguntas. Entre a retirada e a entrega das novas probas pasa media hora na que os/as aspirantes poden consultar os seus móbiles e falar entre eles, xa que os membros do tribunal están ocupados no problema e non hai control das aulas.
As queixas polo ocorrido, segundo denuncian os opositores, producíronse xa no desenvolvemento da proba pero só obtiveron como resposta que impugnasen, facendo caso omiso das denuncias que se realizaron nas aulas o propio día. Para a edil popular é inadmisible que ante unha denuncia deste calibre a única resposta que estean obtendo os máis de 40 denunciantes é a do propio tribunal cualificador do proceso que rexeita tomar medidas.
Ante esta situación moitas das persoas afectadas presentaron unha declaración xurada expoñendo os feitos ocorridos. As persoas opositoras teñen como obxectivo que se teña en conta a súa declaración como último recurso e que se adopten as medidas necesarias para garantir os principios de igualdade, mérito e capacidade na realización das probas ante as evidencias.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
12 de marzo de 2018
Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
7 de marzo de 2018
29 de maio de 2017
21 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible