·Rosa Gallego insta a Ferreiro a adoptar as medidas urxentes para que volva ser unha cidade limpa, coide as rúas, os parques e o mobiliario urbano e acabe coa sucidade e coa presenza de ratas xa xeneralizadas.
·O PP leva dous anos facéndose eco das queixas de colectivos e cidadanía sobre a parálise municipal e o abandono dos barrios en limpeza, seguridade e investimentos e a imposición de actuacións sen consenso.
·Ferreiro decidiu recuperar con dous anos de atraso o Plan RUA posto en marcha polo PP, pero tememos que acabará por estragalo pola súa forma chafalleira de xestionar e porque se limitou a encher a cidade de carteis pero sen ningunha actuación concreta de mellora.
A portavoz Popular, Rosa Gallego, e a concelleira Rosa Lendoiro compareceron ante os medios de comunicación no Parque de San Diego, onde recentemente se denunciou por parte dos veciños a presenza de ratas nas zonas de xogos infantís e de deportes, para anunciar que o Grupo municipal Popular presentará unha moción no Pleno ordinario do luns ante o abandono xeneralizado dos barrios, a sucidade, a falta de mantemento e as denuncias masivas por presenza de roedores de gran tamaño.
O PP insta a Ferreiro a adoptar as medidas necesarias e urxentes para finalizar co abandono dos barrios nos últimos dous anos e que volva ser unha cidade limpa, atendendo as deficiencias de cada barrio para manter coidadas as rúas, os parques e os xardíns, o mobiliario urbano, e así acabar coa sucidade e as denuncias pola presenza de ratas en todos os barrios e nalgúns casos en vivendas, ademais de recuperar a Policía de Barrio, finalizar coa imposición de actuacións sen consenso e executar as partidas para investimentos que igualen os barrios.
"O estado de abandono da cidade chegou a un punto máis que preocupante. A falta de mantemento en parques, xardíns e mobiliario urbano, a sucidade xeneralizada, as denuncias pola presenza de ratas en case todos os barrios e nalgúns casos mesmo en vivendas, é un clamor cidadán", sinalaron as concelleiras.
O Grupo municipal Popular leva dous anos facéndose eco das queixas de colectivos e cidadanía sobre a parálise municipal en todos os sectores e ante o abandono xeneralizado dos barrios:
O PP critica que Ferreiro decidise rectificar e recuperar o Plan RUA con dous anos de atraso, posto en marcha polo Goberno municipal Popular, "e ademais temémonos que acabará por estragalo pola súa forma chafalleira de xestionar e pola súa política de anunciar actuacións para que dea a sensación de que fan algo cando a realidade é que quedan en simples anuncios".
O Goberno Popular puxo en marcha o Plan RUA en todos os barrios, e realizou un reforzo de limpeza en rúas, beirarrúas e prazas, actuou en 4,7 millóns de m2 de superficie, 2.400 rúas e prazas ao ano, cuns resultados de detección de 200 vehículos abandonados, 2.800 incidencias resoltas de iluminación, 140.000 m de rede de sumidoiros limpada e mantemento de 700 marquesiñas. "Estaremos moi atentos ás actuacións do novo Plan RUA porque tememos que será como todo o que anuncia, moito ruído e poucas noces. Os barrios están abandonados e non se arranxa enchendo a cidade de carteliños".
A realidade é que desde o cambio de goberno municipal, as rúas da cidade están máis sucias e hai deficiencias que non se solucionan como a rotura de papeleiras, de colectores, fontes para beber que non funcionan, etc., e ata agora o único que fixeron é encher a cidade de carteis anunciando a recuperación do Plan RUA con outro nome pero sen ningunha actuación que mellore a grave situación de abandono dos barrios, como denuncia de forma reiterada a veciñanza.
Polo tanto, procede que Ferreiro adopte as medidas necesarias e urxentes para finalizar co abandono dos barrios nos últimos dous anos e que volva manter coidadas as rúas, os parques e os xardíns, o mobiliario urbano, etc. e así acabar coa sucidade xeneralizada e coa presenza de ratas que tanto lles preocupa aos coruñeses e ás coruñesas.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
12 de marzo de 2018
Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
7 de marzo de 2018
29 de maio de 2017
21 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible