Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aforro enerxético

O Concello da Coruña impulsa a caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas do municipio da Coruña, como ferramenta para o coñecemento da situación actual da demanda enerxética, e para impulsar os procesos de rehabilitación enerxética que permitan mellorar a calidade de vida e o confort dos residentes.

Entre os seus obxectivos está o de fomentar os procesos de rexeneración urbana e apoderamento fronte á enerxía identificando dentro o parque residencial do municipio aqueles edificios máis sensibles e necesitados de melloras enerxéticas, axudando aos seus propietarios ou inquilinos a participar activamente nun cambio de modelo enerxético.

Para iso preténdese realizar unha caracterización enerxética de diferentes edificios distribuídos entre os dez distritos da cidade da Coruña, xerando o perfil enerxético dun grupo significativo de vivendas e implantando un sistema de monitorización e vixilancia enerxética que permita seguir ao longo do tempo o grao de confort interior, así como o impacto da enerxía nas familias e na contorna.

Estes traballos deben servir ao municipio para desenvolver estratexias de aforro e eficiencia que impulsen un modelo enerxético máis sostible buscando o máximo confort dos seus cidadáns co menor custo enerxético posible.

Fases do proxecto

Fase 1: mapeo enerxético da cidade

Caracterización enerxética de 60 edificios

Realizarase un informe xeral que recolla a información relevante do conxunto de todos os edificios, reflectindo para cada un deles a súa situación enerxética actual incluíndo a demanda actual e un inventario dos equipamentos comúns e individuais.

Xeración de perfil enerxético 600 de vivendas

Estudaranse os consumos enerxéticos dos fogares, analizando os últimos 24 meses, xerando unha simulación enerxética de consumo a 24 meses. Do mesmo xeito detectaranse situacións de mellora na contratación enerxética avaliando as posibles accións de mellora e o grao de aforro enerxético e/ou económico.

Monitoraxe enerxética de 240 vivendas

De entre as 600 vivendas das que se xere o perfil enerxético, serán seleccionadas 240 nas que se realizase a súa monitoraxe enerxética, co obxectivo completar a información sobre o comportamento enerxético e de confort interior (temperatura e humidade) destas vivendas.

A monitoraxe realízase con equipos de reducida dimensión instalados en contadores e nunha ou dúas das estancias principais da vivenda. Os equipos son energéticamente autónomos e transmitirán a información a través dunha rede de datos propia, polo que o seu funcionamento non supón consumos enerxéticos nin de datos das vivendas monitoradas. Normas de uso e funcionamento dos aparcabicicletas seguros

Fase 2: monitoraxe de actuacións

Monitoraxe enerxética de actuacións rehabilitación edificatoria

Realizarase unha avaliación do grao de mellora das condicións de confort interior e de redución da demanda enerxética dos edificios e vivendas tras a intervención rehabilitadora, mediante o control dos mesmos subministracións e situacións que na fase 1.

A fase 1 deste proxecto está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Eixo 12 de Desenvolvemento Urbano do Programa Operativo Plurirregional de España.

INFORMACION SOBRE EIDUS CORUÑA

Contacto

Para calquera dúbida ou consulta, podes escribir ao correo electrónico aforraenerxia@coruna.gal ou chamar ao número de teléfono 604.047.337 (de luns a venres, en horario de 9:00 a 18:00).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión