Concello da Coruña

Concello da Coruña

A zona de Cidade Vella e Pescadería está predominantemente formada por elementos de gran riqueza arquitectónica, artística e historiográfica.

Co fin de mellorar o ornato público, o Concello da Coruña pretende potenciar a estética xeral no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería, centrando a súa actuación na promoción da rehabilitación de fachadas exteriores mediante a concesión de subvencións para obras de pintura e reparacións menores, así como para a substitución de carteis e rótulos co fin de unificar o modelo dos mesmos.

¿QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

  • Substitución de cartelería exterior segundo modelo aprobado polo Concello

  • Pintura de fachadas exteriores, incluíndose as reparacións en fachada necesarias para a execución da mesma e a retirada de cableado exterior. Para esta subvención débese incluír a totalidade das fachadas exteriores do inmoble, salvo que se acredite que só algunha delas necesita ser pintada.

¿QUE INMOBLES PODEN SER OBXECTO DE SUBVENCIÓN?

Poderán ser obxecto de subvención os inmobles que situados dentro do ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería, sendo prioritario na concesión aqueles inmobles que se atopen dentro do espazo determinado anualmente pola Xunta de Goberno Local.

¿QUEN PODEN PEDIR SUBVENCIÓN?

Poderán pedir subvención para as obras de arranxo e pintura de fachada, as Comunidades de Propietarios ou a totalidade dos propietarios

Para o cambio de cartelería poderán solicitar subvención os propietarios ou arrendatarios do local de negocio con autorización do propietario.

¿QUE CARACTERÍSTICAS TEÑEN QUE TER Os INMOBLES?

É condición indispensable para poder solicitar subvención que o inmoble sobre o que se vaia a realizar a actuación subvencionable cumpra cos requisitos establecidos no art. 5 da Ordenanza de concesión de subvencións para mellora da imaxe urbana no ámbito do plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería.

¿CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

  • Obras de pintura en fachadas e reparacións necesarias para a mesma:
    • En inmobles con algún tipo de protección o 80% do custo das obras, incluíndo honorarios técnicos, taxas e impostos. A subvención non poderá superar o importe que resulte de multiplicar 4.000,00€ polo número de vivendas do inmoble, con independencia do número de beneficiarios. No caso de edificios que non alberguen vivendas, a subvención máxima non poderá exceder de 4.000,00 €.
    • En inmobles non protexidos subvencionarase o 60% do custo das obras, incluíndo honorarios técnicos, taxas e impostos. A subvención non poderá superar o importe que resulte de multiplicar 3.000,00€ polo número de vivendas do inmoble, con independencia do número de beneficiarios. No caso de edificios que non alberguen vivendas, a subvención máxima non poderá exceder de 3.000,00 €.
  • Obras de cambio na carterlería:
    • A substitución de cartelería é subvencionada cun 70% dos gastos cun límite máximo de 2.000,00 € por cartel substituído.

¿CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Pódense solicitar cando se abra prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou a través desta web.

¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información poden consultar a Ordenanza de concesión de subvencións para mellora da imaxe urbana no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescaderíaque está dispoñible na web municipal.

Tamén poden facelo a través do servizo de consultas dispoñible na seguinte LIGAZÓN

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión