Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os edificios residenciais participantes no proxecto obterán as seguintes contraprestacións directas:
Realización gratuíta do certificado enerxético segundo o Real Decreto 390/2021, de 1 de xuño utilizando as ferramentas definidas e homologadas para iso.
Tramitación e rexistro telemático dos certificados na plataforma do INEGA xerando a etiqueta da situación actual.
Listaxe das 10 medidas de mellora principais sinalando o importe aproximado de investimento e aforro enerxético.
Pola súa banda, as vivendas participantes contarán cos seguintes beneficios directos:
Información a través da aplicación web sobre datos de consumo (de, por exemplo, electricidade ou gas natural) e condicións de confort (como pode ser: temperatura ou humidade relativa no interior da vivenda) de forma horaria, diaria, mensual e anual.
Informe sobre as posibilidades de mellora na contratación enerxética, avaliando as posibles accións de mellora e o grao de aforro enerxético e/ou económico.
INDIRECTOS
Os inmobles cuxas actuacións de rehabilitación enerxética sexan obxecto de monitoraxe a través deste proxecto, e os que posteriormente opten por facelo polos seus propios medios, incorporando igualmente a información xerada á plataforma municipal deseñada dentro deste proxecto, poderán optar a maiores axudas (en porcentaxe sobre o orzamento protexido e nas cantidades máximas correspondentes por vivenda) nas seguintes convocatorias de subvencións municipais para a súa rehabilitación enerxética.
Ademais, a monitoraxe enerxética será criterio de prioridade na clasificación das actuacións que opten ás subvencións.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible