Subvención para a adquisición de vivenda en centros históricos
O 25 de febreiro do 2021 o Instituto Galego de Vivenda e Solo (en diante, IGVS) ditou a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2021.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitude termina o 01/09/2021 e para solicitala deberá realizar a presentación do formulario incorporado como Anexo I na resolución, debidamente cuberto e dirixilo ao IGVS.
A quen vai dirixido?
Poderanse beneficiar das devanditas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os requisitos recollidos nas bases e as contías serán de ata 12.800 euros por vivenda no caso de que sexan adquiridas por persoas menores de 35 anos e de 10.800 euros no caso de persoas maiores de 35 anos.
Contía
No caso de que se adquira unha vivenda situada no ámbito declarado Rexurbe, a contía será de 15.000 euros por vivenda.
En ambos os casos as axudas terán o límite do 20% do prezo de compra da vivenda, o cal non incluirá os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
Onde podo obter máis información?
Para máis información debe consultar a convocatoria íntegra publicada no DOGA pulsando na seguinte LIGAZÓN.
Por parte do IGVS tramítase a oferta pública para adquirir inmobles no ámbito declarado área Rexurbe da Coruña.
Prazo de presentación
O prazo de presentación termina o 09/07/2021 e para iso deberá presentarse ante a Dirección Xeral do IGVS un escrito onde figuren os datos persoais (nome e apelidos, enderezo a efecto de notificacións, teléfono de contacto e, de ser o caso, enderezo de correo electrónico), as características do inmoble, con indicación da superficie e da rúa ou praza onde estea situado, así como unha proposta de prezo esixido para a súa adquisición, que deberá estar especificado en letra.
Onde podo obter máis información?
Para máis información debe consultar a convocatoria íntegra publicada no DOGA premendo na seguinte LIGAZÓN
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible