Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación xestiónanse as actuacións de rehabilitación financiadas a través do programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - Next GeneretionEU nas Contornas Residenciais de Rehabilitación programada (ERRP).

Ao amparo do Acordo da Comisión Bilateral do 11.05.2023 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello da Coruña, fináncianse actuacións nas seguintes Contornas Residenciais de Rehabilitación programada:

1º. - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

As actuacións subvencionables con cargo ao programa serán as definidas no artigo 14 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro.

En síntese, son subvencionables as obras ou actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente residencial para vivenda, incluídas as vivendas unifamiliares, nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética.

Abordará, entre outras, as seguintes actuacións:

  1. Rehabilitación da envolvente do edificio (fachada e cuberta).
  2. Uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria.
  3. Implantación de tecnoloxías de xeración de enerxía eléctrica mediante fontes renovables no edificio.
  4. Mellora da eficiencia enerxética de zonas comúns nos edificios rehabilitados.
  5. Despregamento de infraestruturas asociadas á mobilidade eléctrica.
  6. Actuacións de dixitalización.
  7. Mellora das condicións de habitabilidade e de accesibilidade do edificio.
  8. Conservación e retirada de amianto.

Ademais, os edificios obxecto deste programa deberán cumprir os requisitos definidos no artigo 11 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro.

2º. QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?

Poderá ser beneficiario desta axuda quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un.

Cando se trate de comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, no seu caso, dos locais comerciais ou campos doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

3º. CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

A contía destas axudas determinarase en función do aforro enerxético que se consiga coas actuacións, segundo os criterios de fixación de contías establecidos nas seguintes táboas:

Aforro enerxético conseguido coa actuación

Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación

Vivenda

Locais comerciais ou outros usos

Contía máxima da axuda por vivenda

Contía máxima da axuda por m2

30%≤∆Cep,nren<45%

40

8.100 €

72 €

45%≤∆Cep,nren<60%

65

14.500 €

130 €

∆Cep,nren≥60%

80

21.400 €

192 €

Ademais terase en conta o nivel de renda, de forma que se poderá financiar ata o 100% do investimento en función dos ingresos do IPREM das persoas solicitantes.

Para edificios de vivendas colectivas:

Ingresos en veces IPREM ponderado

Edificio

Axuda por vivenda en función do aforro enerxético

30%≤∆Cep,nren<45%

45%≤∆Cep,nren<60%

∆Cep,nren≥60%

Entre 2,6 e 2,1

% axuda

60%

75%

90%

Contía máxima

12.150 €

16.731 €

24.075 €

Menor ou igual a 2,1

% axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima

20.250 €

22.308 €

26.750 €

Para vivendas unifamiliares:

Ingresos en veces IPREM ponderado

Vivenda unifamiliar

Axuda por vivenda en función do aforro enerxético

30%≤∆Cep,nren<45%

45%≤∆Cep,nren<60%

∆Cep,nren≥60%

Entre 2,6 e 2,1

% axuda

60%

75%

90%

Contía máxima

13.530 €

18.404,1 €

26.482,5 €

Menor ou igual a 2,1

% axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima

22.550 €

24.538,8 €

29.425 €

No caso de obras nas que haxa retirada de amianto daranse, adicionalmente, 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio ata o importe do custo que supoña a retirada do mesmo.

4º. CANDO SE PODEN SOLICITAR?

As bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU nos ERRPs declarados no Concello da Coruña serán publicaranse durante o último trimestre do ano 2024 no BOP da Coruña e nesta web.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña.

5º. ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Correo electrónico: subvencionsbarrios@coruna.gal

Teléfono: 981184200, 010

Presencial: Oficina Municipal de Rehabilitación - rúa Cabaleiros, 21 (Estación de autobuses)

6º. NORMATIVA APLICABLE E DOCUMENTACIÓN RELACIONADA:

-Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

- Resolución de 8 de xullo 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e ábrese o prazo de participación para a anualidade 2022.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución de 8 de xullo de 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e ábrese o prazo de participación para a anualidade de 2022

- Regulamento (UE) n 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE de 18 de febreiro).

- Lei 10/2022, de 14 de xuño, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Real Decreto-lei 36/2020, de 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Orde HFP/55/2023, de 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Rehabilitación vivendas | Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Goberno de España. (planderecuperacion.gob.es)

- Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio | Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (mivau.gob.es)

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión