Existen moitas causas e moitos factores que fan que o consumo de drogas non sexa exclusivo dun grupo ou estrato social, económico ou cultural determinado, senón que afecta á sociedade no seu conxunto.
En xeral, o uso de drogas corresponde a un afán de fuxir da realidade; as drogas proporcionan unha vía de escape, un alivio temporal aos problemas persoais, familiares ou sociais.
É moi complicado definir unha causa do abuso de sustancias, xa que a conduta asociada ao consumo de drogas está influída por múltiples factores, de forma que nunca se pode identificar unha causa única ou establecerse relacións simples de causa-efecto.
Unha análise superficial pódenos levar a pensar que o verdadeiro causante da drogadicción hai que buscalo nas propiedades da sustancia. Con todo, aínda que é certo que cada droga ten uns efectos e unha capacidade adictiva determinada, tamén hai que ter en conta que a sustancia só adquire a súa importancia na medida en que cumpre unha determinada función para o usuario no marco dun contexto social que lle outorga un significado concreto.
Xunto ás características da droga, tamén xogan un importante papel respecto ao abuso delas as características da persoa consumidora, xa que esta non é un elemento pasivo que se limita a responder ante os efectos farmacolóxicos da sustancia ou a sufrir indefensa as influencias do ambiente. Pola contra, o individuo é o verdadeiro protagonista da conduta do consumo de drogas, é quen dá un significado ou outro ao efecto das sustancias adictivas e é quen interpreta (ou mesmo modifica), o ambiente en que vive.
A modo de conclusión:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible